Kimbe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nova Bretaña Oriental

Kimbe é a capital da provincia de Nova Bretaña Occidental, Papúa Nova Guinea. É un porto da baía de Kimbe, sendo o terceiro porto en importancia de Papúa Nova Guinea. No ano 2000 tiña 14.656 habitantes.

É un destacado centro industrial tratando produtos como a palmeira aceiteira, o cacao ou o coco. A empresa máis grande de Nova Bretaña, e da Papúa Nova Guinea mesma, chámase New Britain Palm Oil Limited (NBPOL) e ten a súa sede principal en Mosa, a 12 km de Kimbe.