Khushal Khattak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Khushāl Khān Khattak (en paxto: خوشحال خان خټک ) tamén coñecido como Khushāl Bābā (paxto: خوشحال بابا‎), nado en Akora Khattak en 1613 e finado en Tirah o 25 de febreiro de 1689, foi un poeta, erudito e guerreiro paxto, xefe da tribo khattak. Khushal predicou a unión de tódolos paxtos, e animou á revolta contra o Imperio Mogol, promovendo a unidade pasthu por medio da poesía. Está considerado o "pai da literatura paxta" e o poeta nacional de Afganistán.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Khushal naceu en 1613, era fillo de Malik Shahbaz Khattak de Akora. O seu avó, Malik Akoray, fora o primeiro khattak en gozar de fama durante o reinado do soberano mogol Akbar. Akoray mudárase desde Teri (unha aldea do distrito de Karak) para Sarai Akora, a vila que Akoray fundou e construíu. Khushal desde a súa mocidade estivo ao servizo do rei mogol e participando en diversas campañas. En 1641 converteuse no xefe da súa tribo. En 1658 Aurangzeb fíxose co control do imperio, e Khushal serviu ao novo soberano pero caeu en desgraza e pasou sete anos prisioneiro[2] nunha fortaleza en Delhi ata que liberado puido regresar a Peshawar. Co xefe dos afridis Darya Khan encabezou unha rebelión contra os mongois, derrotándoos varias veces e aumentando as súas forzas coa inclusión de varias tribos pasthus no seu bando.

Obra[editar | editar a fonte]

As obras de Khusahl fundan a literatura paxta, e moita da súa poesía trata da política e da unidade dos pasthus.[3] Entre as súas obras máis coñecidas figuran Bāz-nāma, un manual de cetrería, Swāt-nāma, unha descrición dunha viaxe ao val de Swat,Fazl-nāma, un manual sobre deberes relixiosos e sociais, Tibb-nāma, un libro de receitas medicinais, Farrukh-nāma, un diálogo entre a pluma e a espada, e Firāq-nāma, un lamento da separación da patria durante a súa catividade.[4] Khushal Tamén escribiu moitos ghazals en persa baixo o sobrenome de Rūhī, e uha casida tamén en persa sobre a futilidade do mundo.[5]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Diwan
  • Sahat u Badan
  • Tib Nama
  • Fazal Nama
  • Swat Nama
  • Farrukh Nama
  • Faraq Nama
  • Swat Nama

Prosa[editar | editar a fonte]

  • Baz Nama
  • Tarjuma Hadia
  • Aaina (tradución dun libro árabe)
  • Baiaz (memorias)
  • Zanziri

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Banting, Erinn (2003). Afghanistan: The Culture Lands, Peoples, & Cultures. Crabtree Publishing Company. p. 28. ISBN 0778793370.
  2. Abubakar Siddique (2014) The Pashtun Question: The Unresolved Key to the Future of Pakistan and Afghanistan Hurst,p. 29
  3. Daniel Gomà (2011)Historia de Afganistán : de los orígenes del estado afgano a la caída del régimen talibán Universitat de Barcelona:Barcelona, p. 28
  4. Stefan Sperl (1996)Classical Traditions and Modern Meanings BRILL
  5. H. A. R. Gibb (1954) Khushhal Khan Khatak: A enciclopedia de Islam. 2. BRILL, p. 72