Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O Khimki Basketball Center, tamén coñecido como Novator Stadium ou Novator Indoor Arena (en ruso: Дворец спорта «Новатор») é un pavillón deportivo situado na cidade de Khimki, Rusia, inaugurado en 1970. Remodelado en 2010, conta cunha capacidade de 4.000 espectadores.[1] Alberga os encontros como local do BC Khimki, equipo que compite na PBL / ПБЛ (antigamente Superliga rusa), na VTB United League e na Euroliga.