Khan Yunis
| خان يونس (ar) | |||||||||
| Epónimo | Caravasar, Yunis al-Nawruzi (en) | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| País | Estado de Palestina | ||||||||
| Territorio ocupado | Franxa de Gaza | ||||||||
| Gobernacións | Gobernación de Khan Yunis | ||||||||
| Capital de | |||||||||
| Poboación | |||||||||
| Poboación | 142.637 (2007) | ||||||||
| Lingua oficial | lingua árabe | ||||||||
| Datos históricos | |||||||||
| Creación | 1389 (Gregoriano) | ||||||||
Evento clave
| |||||||||
| Outro | |||||||||
| Irmandado con | |||||||||
| Sitio web | khanyounis.mun.ps | ||||||||
Khan Yunis (en árabe: خان يونس ,lit. Caravasar [de] Yunis[1]), tamén escrito Khan Younis ou Khan Yunus, é unha cidade palestina que serve como capital da gobernación de Khan Yunis, no sur da Franxa de Gaza. Foi destruída en gran parte debido ao conflito israelí-palestino de 2023.
Historia
[editar | editar a fonte]Antes do século XIV, Khan Yunis era unha aldea coñecida como "Salqah". Para protexer a caravanas, peregrinos e viaxeiros, o emir Yūnus an-Nūrūzī construíu alí un vasto caravasar, hoxe coñecido como castelo de Barquq, entre 1387 e 1388.[2]
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo a Oficina Central de Estatísticas de Palestina, Khan Yunis tiña unha poboación de 205 125 habitantes en 2017.[3]
Clima
[editar | editar a fonte]Khan Yunis, que se atopa a só catro quilómetros ao leste do mar Mediterráneo, ten un clima semiárido cunha temperatura máxima de 30 °C no verán e unha mínima de 10 °C no inverno, cunha precipitación anual de aproximadamente 260 mm.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Name Reference - Anera.org".
- ↑ Sharon, 1999, p. 228
- ↑ "Preliminary Results of the Population, Housing and Establishments Census, 2017" (PDF). Oficina Central de Estatísticas de Palestina. febreiro de 2018. pp. 64–82. Consultado o 24 de outubro de 2023.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Khan Yunis |
