Khaled al-Asaad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Khaled al-Asaad
Nacemento1 de xaneiro de 1932
Lugar de nacementoTadmur
Falecemento18 de agosto de 2015
Lugar de falecementoPalmira
Causadecapitación
NacionalidadeSiria
Alma máterUniversidade de Damasco
Ocupaciónarqueólogo, catedrático, historiador e conservador
PremiosOfficer's Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito e Order of Civil Merit (Syria)
editar datos en Wikidata ]

Khaled Mohamad al-Asaad (en árabe: خالد الأسعد), nado o 1 de xaneiro de 1932[1] en Palmira,[2] e finado o 18 de agosto de 2015 ibídem, foi un arqueólogo sirio e xefe de antigüidades na antiga cidade de Palmira, un lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Ocupou este cargo durante máis de corenta anos.[3] Al-Asaad foi decapitado publicamante polo Estado Islámico (ISIS) o 18 de agosto de 2015, con oitenta e tres anos de idade.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Al-Asaad naceu en 1932 en Palmira, onde pasou a maior parte da súa vida.[4] Estoudo na Universidade de Damasco, onde obtivo un diploma en historia.[5] Al-Asaad foi pai de seis fillos e cinco fillas, unha das cales foi chamada Zenobia na honra da coñecida raíña de Palmira.[5]

Carreira arqueolóxica[editar | editar a fonte]

Durante a súa carreira, Al-Asaad dedicouse ás escavacións e restauración de Palmira. Converteuse no principal custodio do xacemento de Palmira en 1963, cargo que ocupou durante corenta anos.[6] As súas propias expedicións centráronse nas murallas de Palmira que datan de finais do século III,[7] e traballou con expedicións arqueolóxicas estadounidenses, polacas, alemás, francesas e suízas. O seu meirande logro foi a consideración de Palmira como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[5] Tamén dominaba o arameo e traduciu regularmente textos ata 2011.[3]

Dende 1974, Al-Asaad organizou exhibicións de antigüidades de Palmira.[8]

Cando se retirou en 2003, o seu fillo Walid relevouno no seu traballo en Palmira. Os dous foron detidos polo ISIS en agosto de 2015. Walid sobreviviu.[9]

Na política[editar | editar a fonte]

Crese que se uniu ao Partido Baaz Sirio por volta do ano 1954.[5] Porén, non está claro se era un partidario activo do goberno sirio de Bashar al-Assad.[9] Segundo The Economist, algúns afirmaron que era "un firme partidario" de Assad.[10]

Morte[editar | editar a fonte]

Monumento a Khaled al-Asaad en Italia.

En maio de 2015, Tadmur (a cidade moderna de Palmira) e a antiga cidade adxacente de Palmira quedaron baixo o control do Estado Islámico de Iraq e Siria (ISIS).

Al-Asaad axudou a evacuar o museo da cidade antes de que ISIS tomase o control,[5] pero el mesmo foi capturado pola organización terrorista. Despois, ISIS torturou a Al-Asaad nun intento de descubrir a localización dos artefactos antigos que el axudou a ocultar.[11][12] Foi asasinado en Tadmur o 18 de agosto de 2015 aos oitenta e tres anos.[13]

The New York Times informou:

Despois de detelo durante semanas, os xihadistas arrastrárono o martes ata unha praza pública onde un espadachín enmascarado lle cortou a testa ante unha multitude, dixeron os familiares do Sr. Asaad. O seu corpo empapado de sangue foi entón suspendido dun semáforo cun fío vermello polos pulsos, coa cabeza apoiada no chan entre os seus pés e os lentes aínda postos, segundo unha foto distribuída nas redes sociais polos partidarios do Estado Islámico.[14]

Tras a morte de al-Asaad, ISIS colgou no seu cadáver un cartel no que se enumeraban os seus supostos "crimes": ser un "apóstata", representar a Siria en conferencias "infieis", servindo como "o director da idolatría" de Palmira, visitando o "herexe Irán", e comunicándose "cun irmán dos servizos de seguridade sirios".[14]

O seu cadáver foi exposto na nova sección de Palmira (Tadmur) e despois na sección antiga, cuxos tesouros xa demolira o ISIS.[12][14][15][16][17]

En febreiro de 2021, fontes estatais sirias informaron do descubrimento do cadáver de al-Asaad no campo, a 10 km ao leste de Palmira.[18]

Xunto con al-Asaad, Qassem Abdullah Yehya, o subdirector dos Laboratorios da DGAM, quen tamén protexeu o lugar de Palmira, foi asasinado polo ISIS mentres estaba de servizo o 12 de agosto de 2015. Tiña trinta e sete anos.[19]

Obras escollidas[editar | editar a fonte]

  • Asaad, Khaled (1980). Nouvelles découvertes archéologiques en Syrie [New archaeological discoveries in Syria] (en francés). Damascus: Direction générale des antiquités et des musées. OCLC 602249622. ; 2nd edition 1990.
  • Asaad, Khaled; Bounni, Adnan (1984). Palmyra. Geschichte, Denkmäler, Museum (en alemán). Damascus: Direction générale des antiquités et des musées. 
  • Gawlikowski, Michael; Asaad, Khaled (1995). Palmyra and the Aramaeans. ARAM periodical 7. Oxford: The ARAM Society for Syro-Mesopotamian Studies. OCLC 68075497. 
  • Asaad, Khaled (1995). "Restoration Work at Palmyra". ARAM Periodical 7 (1): 9–17. OCLC 4632456923. doi:10.2143/ARAM.7.1.2002213. 
  • Asaad, Khaled; Yon, Jean-Baptiste (2001), Inscriptions de Palmyre. Promenades épigraphiques dans la ville antique de Palmyre (= Guides archéologiques de l'Institut Français d'Archéologie du Proche-Orient Bd. 3). Institut Français d'Archéologie du Proche-Orient, Beirut 2001; ISBN 2-912738-12-1.
  • Asaad, Khaled; Schmidt-Colinet, Andreas (eds) (2013), Palmyras Reichtum durch weltweiten Handel. Archäologische Untersuchungen im Bereich der hellenistischen Stadt. 2 vols. Holzhausen, Vienna 2013; ISBN 978-3-902868-63-3, ISBN 978-3-902868-64-0.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hubbard, Ben (19 de agosto de 2015). "Syrian Expert Who Shielded Palmyra Antiquities Meets a Grisly Death at ISIS' Hands". The New York Times. Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  2. "Profile: Khaled al-Asaad". BBC News (en inglés). 2015-08-19. Consultado o 2018-08-26. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Syrian archaeologist 'killed in Palmyra' by IS militants". BBC News. 19 de agosto de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  4. "Khaled al-Asaad: Authority on the antiquities of the Syrian city of Palmyra who was devoted to studying and protecting its treasures". The Independent. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Davies, Caroline (19 de agosto de 2015). "Khaled al-Asaad profile: the Howard Carter of Palmyra". The Guardian. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  6. Paraszczuk, Joanna (24 de agosto de 2015). "ISIS Killed Khalid al-Assad for Refusing to Betray Palmyra". The Atlantic. Consultado o 27 de agosto de 2015. 
  7. "Khaled al-Asaad obituary". Telegraph. 2 de setembro de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2015. 
  8. Pierre Leriche. "Khaled al-Asaad, the martyr of Palmyra". The Conversation. Consultado o 6 de outubro de 2015. 
  9. 9,0 9,1 "Profile: Khaled al-Asaad, Syria's 'Mr Palmyra'". BBC. 19 de agosto de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  10. "Islamic State and antiquities: Nothing is sacred". The Economist. 22 de agosto de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2015. 
  11. "Isis beheads Palmyra scholar and hangs him from ruins he spent his life restoring". The Independent (en inglés). Consultado o 2018-08-26. 
  12. 12,0 12,1 Aji, Albert; Mroue, Bassem (19 de agosto de 2015). "Islamic State beheads Syrian antiquities scholar in ancient town of Palmyra". U.S. News & World Report. Associated Press. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  13. Domingo, Plácido (decembro de 2016). "End the International Destruction of Cultural Heritage". Vigilo (Din l-Art Ħelwa: National Trust of Malta) (48): 30–31. ISSN 1026-132X. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Hubbard, Ben (19 de agosto de 2015). "Shielding Syrian Antiquities, to a Grisly Death at ISIS' Hands". The New York Times. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  15. Islamic State militants behead archaeologist in Palmyra – Syrian official, Reuters, 18 de agosto de 2015.
  16. IS tötet früheren Chef-Archäologen von Palmyra, tagesschau.de, 19 de agosto de 2015.(en alemán)
  17. "Beheaded Syrian scholar refused to lead Isis to hidden Palmyra antiquities". The Guardian. 19 de agosto de 2015. 
  18. ruaa-jazaeri (2021-02-07). "Three corpses found east of Palmyra, one believed to be for archeologist martyr al-Asa'ad". Syrian Arab News Agency (en inglés). Consultado o 2021-02-08. 
  19. "Article: Two more 'EverySyrian' heroes murdered while protecting our shared cultural heritage". OpEdNews. Consultado o 22 de agosto de 2015.