Khaganato turco
Khaganato turco (Kök) Türk xanlïqï Göktürk Kağanlığı | ||||
| ||||
Bandeira | ||||
Máxima extensión do imperio. | ||||
Capital | Ötüken | |||
Linguas | ||||
Relixión | Tengrianismo | |||
Goberno | Khaganato | |||
Khagan | ||||
• 551 – 552 | Bumin Khagan | |||
• 553 – 572 | Muqan Qaghan | |||
• 682 – 691 | Ilterish Qaghan | |||
• 742 – 744 | Ozmış Khagan | |||
Historia | ||||
• Establecido | (552–659) | |||
Superficie | ||||
• 557[1][2] | 6 000 000 km² km² |
O khaganato turco (552–744; en turco antigo:
, chinés: 突厥汗国; p=Tūjué hánguó), ou khaganato göktürk foi un khaganato estabelecido polo clan Ashina dos göktürks na Asia Interior medieval. Baixo o liderado de Bumin Qaghan (d. 552) e os seus fillos, os Ashina evolucionaron o khaganato Rouran como a principal potencia da chaira mongol e estabeleceron un forte imperio, que axiña se expandiu para gobernar grandes territorios de Asia Central. Este khaganato interactuou con varias dinastías baseadas na China do Norte, e durante significativos períodos exerceron un control considerable sobre a lucrativa ruta da seda.
A primeira dinastía colapsou en 581, comezando unha serie de conflitos políticos e guerras civís que fragmentaron o khanato entre os göktürk orientais e occidentais, que foron posteriormente subxugadas pola dinastía Tang. Un século despois, un segundo e anovado khaganato turco emerxeu en 682 e durou até o ano 744, cando foi derrubado polos uigures, un pobo túrquico diferente.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Turchin, Peter; Adams, Jonathan M.; Hall, Thomas D (decembro de 2006). "East-West Orientation of Historical Empires". Journal of world-systems research 12 (2): 222. ISSN 1076-156X. Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ Taagepera, Rein (1979). "Size and Duration of Empires: Growth-Decline Curves, 600 B.C. to 600 A.D". Social Science History 3 (3/4): 129. JSTOR 1170959. doi:10.2307/1170959.