Khachapuri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adjaruli Khachapuri.jpg

Khachapuri ou Xachapuri (en xeorxiano ხაჭაპური xač’ap’uri ou "pan de queixo") é un pan recheo de queixo procedente da cociña de Xeorxia. O pan elabórase con lévedo para que creza de tamaño durante a súa elaboración e pode ter diversas formas. O recheo contén por regra xeral queixo (fresco ou curado), ovo e outros ingredientes diversos.

Variantes[editar | editar a fonte]

Diversas rexións de Xeorxia posúen o seu propio e distintivo khachapuri. O máis común é probablemente o Imeretian Khachapuri da provincia occidental de Imereti.

Pola súa orixe existen diversos tipos de khachapuri na gastronomía de Xeorxia:

  • Adjaruli khachapuri
  • Megruli khachapuri
  • Imeruli khachapuri
  • Svanuri khachapuri
  • Rachuli khachapuri
  • Phenovani khachapuri
  • Ossuri khachapuri

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]