Keylor Navas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Keylor navas tras gañar a súa última Champions

Keylor Navas[editar | editar a fonte]

Keylor Antonio Navas Gamboa (San Isidro, Pérez Zeledón, San José, Costa Rica, 15 de decembro de 1986), coñecido no mundo do fútbol como Keylor Navas, é un futbolista costarricense nacionalizado español. Xoga como porteiro no Real Madrid Club de Fútbol da Primeira División de España. O 3 de decembro de 2014 adquiriu a nacionalidade española.

Vida persoal e traxectoria futbolística[editar | editar a fonte]

Naceu o 15 de decembro de 1986 en San Isidro, Pérez Zeledón, San José, Costa Rica. Os pais de Keylor Navas, Sandra Gamboa e Freddy Navas, deixaron os seus fillos cos seus avós despois de ir ós Estados Unidos en busca do soño americano porque tiñan problemas financeiros e non lles daban a Keylor e a súa irmá Keilyn unha boa vida. Nunha entrevista, a nai do xogador de fútbol confesou que non era unha decisión sinxela, principalmente porque o porteiro tiña só 4 anos. Comezou a súa carreira profesional no Deportivo Saprissa (2005-2010), equipo co que conseguiu gañar cinco títulos costarricenses ademais do Campionato de Verán de 2010. Foron vencedores na Copa de Campións de CONCACAF en 2005 e nese mesmo ano destacaron na Copa Mundial de Clubs na que conseguiron o terceiro posto na competición.

Keylor Navas foi rexeitado en varias ocasións por algúns equipos. O primeiro foi Pérez Zeledón, club da súa cidade. As razóns de que non o aceptaran foron que era demasiado novo para ser porteiro. Outro club que non quixo fichar a Navas foi o Racing de Avellaneda de Caruso Lombardi en 2010. Ese mesmo ano, Navas cumpriu o soño europeo cando fichou por un equipo en España. Con 23 anos mudouse a España para xogar co Albacete Balompié durante a tempada 2010-11 da Segunda División. O equipo baixou e foi cedido ao Levante Unión Deportiva, soportou a suplencia no club levantino de 2011 a 2013, no que gañou a titularidade e tivo unha boa tempada no 2013-14 na Primeira División española. Recibiu o premio ó mellor porteiro da liga.

Coa selección de Costa Rica desde o 2008, foi recoñecido como o mellor porteiro do CONCACAF Gold Cup 2009. A súa actuación na Copa do Mundo de 2014 en Brasil fixo que o seu equipo chegara ós cuartos de final por primeira vez. Foi nomeado o mellor porteiro do mundo por 21 paradas en cinco partidos. Fichou polo Real Madrid en 2014 grazas á súa boa tempada e ó seu destacado desempeño na Copa do Mundo en Brasil co equipo costarricense. Gañou a Supercopa de Europa de 2014 e en decembro a Copa do Mundo de Clubs. Na liga 2015-16 foi elixido o segundo mellor porteiro con máis minutos coa portería a cero na UEFA Champions League, con 738 minutos.

A finais de 2008, Keylor coñeceu a Andrea Salas nunha congregación evanxélica na cidade costarricense de Santa Ana. Ambos asistiron a este lugar os luns e martes de cada semana. A pesar diso non foi amor a primeira vista e Navas tivo que conquistala a través da filla de Salas. En decembro de 2009 contraeu matrimonio con Salas nunha cerimonia relixiosa á que asistiron 250 persoas. Agora viven en Madrid coa filla de Andrea Salas, Daniela, así como co primoxénito da parella, Mateo.

A finais de 2017, unha película que detalla a vida do porteiro do Real Madrid foi lanzada en Costa Rica e titulouse Home de Fe. Na película,Navas non protagoniza o seu personaxe e só aparece nalgúns «cameos» do documental.

Nas vacacións trata de facer viaxes coa familia, ir a unha zona onde non haxa restaurantes para levar a comida e facer unha barbacoa. O gardameta titular do Real Madrid e da selección de Costa Rica protagonizou unha campaña (2016) do Instituto Costarricense de Turismo (ICT) no mercado español para dar a coñecer os atractivos do seu país. Para poñela en marcha, tívose presente que Costa Rica, segundo distintos estudios, é un dos países máis felices e saudables do mundo. Partindo desa premisa creouse o microsite www.elporteromasfelizdelmundo.com no que Keylor proporcionará información de interese para coñecer o seu país.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Champions League: 3

Copa Mundial de Clubs: 4

Supercopa de Europa: 3

Liga de España: 1

Supercopa de España: 1

Copa Campions Concacaf: 1

Campionatos de Inverno de Costa Rica: 2

Campionatos de Verán de Costa Rica: 2

Liga de Costa Rica: 2

Mellor Porteiro da Champions: 1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

https://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/10265/Keylor%20Navas

https://es.wikipedia.org/wiki/Keylor_Navas

https://www.realmadrid.com/futbol/plantilla/keylor-navas#playerinfohttps://us.as.com/us/2018/03/15/futbol/1521151443_801123.html

https://www.abc.es/viajar/destinos/centroamerica/abci-infancia-keylor-navas-no-conoces-201605242004_noticia.html