Saltar ao contido

Kevin Lynch (folguista e activista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKevin Lynch

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1956 Editar o valor en Wikidata
Park Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1981 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Prisión de Maze Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, inanición Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de fútbol gaélico, xogador de hurling, boxeador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Deportefútbol gaélico
hurling Editar o valor en Wikidata

Kevin Lynch, nado en Park (condado de Derry) o 25 de maio de 1956 e finado na prisión de Maze o 1 de agosto de 1981, foi un activista republicano de irlandés, membro do Irish National Liberation Army.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lynch era o fillo máis novo dunha familia de oito nenos que tiñan como pais a Paddy e Bridie Lynch en Park, no norte do Condado de Londonderry.

O irmán maior de Lynch, Frank, era un boxeador afeccionado e el tamén practicou ese deporte e mais hurling e fútbol gaélico. Lynch xogou no equipo de Dungiven que gañou o Feile na nGael de Terceira División en Thurles (condado de Tipperary) en 1971, e en 1972 foi o capitán do equipo de hurling de Derry que acadou o título de All Irland en Croke Park (Dublín) tras derrotar o equipo do condado de Armagh.[1]

Con catorce anos Lynch uniuse á rama local de Fianna Éireann, naquel tempo vinculada ao IRA Oficial. Discrepou co alto ao fogo declarado polo IRA Oficial en 1972 e uniuse a unha unidade de servizo activa republicana independente no sur de Derry. Lynch Máis tarde ingresou no Exército de Liberación Nacional irlandés (INLA).

Lynch foi xulgado, condenado e sentenciado a dez anos por roubar escopetas, participando nun tiroteo de castigo e conspirar para arrebatarlle armas ás forzas de seguranza. Foi enviado á prisión de Maze en decembro de 1977. Participou na protesta das mantas, uniuse á folga de fame de 1981 en Maze o 23 maio e morreu 71 días máis tarde.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Kelly e os outros folguistas son lembrados no Monumento Conmemorativo aos Patriotas e Mártires Irlandeses de 1798, 1916 e 1981 no Cemiterio de Waverley en Sydney, Australia.[3][4] O equipo de hóckey irlandés de Dungiven foi rebautizado como Club de Hurling Kevin Lynch como homenaxe após a súa morte na folga de fame irlandesa de 1981.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hegarty, Aidan (2006). Kevin Lynch and the Irish Hunger Strike. Camlane Press.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]