Kevin Johansen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1964 (60 anos) Fairbanks, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | cantante, músico, compositor |
Período de actividade | 1992 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Baixo |
Selo discográfico | Sony Music |
Premios | |
| |
Sitio web | kevinjohansen.com |
Kevin Andrew Johansen, nado en Fairbanks o 21 de xuño de 1964, é un cantante estadounidense nacionalizado arxentino. Caracterízase por un son particular que fusiona a música popular da Arxentina e de América Latina, o rock alternativo e o pop estadounidense nun estilo que el mesmo chamou "Des-Generado".[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de nai arxentina e pai estadounidense, naceu en Fairbanks, Alasca, onde viviu até os 4 anos. A familia mudouse logo a Colorado, e o ano seguinte a Arizona. Con 6 anos instalouse en San Francisco. Cando Johansen tiña 12 anos viaxa a Buenos Aires,[3] e tamén viviu en Montevideo aos 13 e 14 anos. Alí iniciouse no mundo da música e aprendeu a tocar a guitarra. Volveu a Buenos Aires e viviu alí até que en 1990 se muda a Nova York. En 2000 regresa a Buenos Aires, onde reside na actualidade. É coñecido cariñosamente como "Piojo" polo seu parecido co exfutbolista Claudio "Piojo" López.
Inicios artísticos
[editar | editar a fonte]Na década de 1980 Johansen fixo algunhas aparicións esporádicas no rock arxentino coa banda Instrucción Cívica, xunto a Julián Benjamín e Fernando Samalea. Editaron dous álbums: Obediencia Debida (1985) e Instrucción Cívica (1986).
Década de 1990
[editar | editar a fonte]En 1990 mudouse a Nova York. Tocou no CBGB varios anos até a creación do seu grupo The Nada, un xogo de palabras entre "a nada" e "de nada". En 2000, The Nada gravou o seu primeiro álbum, unha mestura de diferentes músicas latinas co rock moderno, o funk e o pop. Ese ano Johansen volveu a Arxentina. O álbum, da discográfica Los Años Luz, foi ben recibido polo público e levou o grupo de xira.
Anos 2000
[editar | editar a fonte]Cara finais de 2002 Johansen gravou «Sur o no sur», comercializado por Los Años Luz na Arxentina e por Sony Music no resto do mundo. O corte de difusión deste disco foi a milonga «Daisy», cuxo videoclip foi filmado no barrio porteño de La Boca. Foi dirixido por Andrea Urquiola e protagonizado pola actriz transexual Mariana Aria[4] e un grupo de bailaríns quen realizan unha coreografía entre homes, típica dos comezos da milonga.
Durante 2003 Johansen tivo moita sona na Arxentina, pois unha das súas cancións, «Down with my baby», foi a sintonía de cabeceira da serie televisiva Resistiré. Isto levouno a tocar no Teatro Gran Rex en xuño dese ano. Durante a súa xira por España concentrou un público moi numeroso, tanto en Madrid como en Barcelona. Actuou nos premios MTV e comezou unha xira por algunhas cidades dos EUA, como Miami, Nova York, Chicago, Os Ánxeles e San Francisco, onde "Sur o no sur" estaba por ser lanzado.
En 2004 continuou a xira por México, Chile, Bélxica e España. "Sur o no sur" foi nomeado para os Premios Grammy nas categorías Álbum do ano e Canción do Ano e Mellor Vídeo Musical (por «La Procesión»). En 2005 recibiu o Premio Konex - Diploma ao Mérito como un dos mellores cantantes de pop/balada da década na Arxentina.
Entre viaxes gravou "City Zen", o seu terceiro disco, de novo con Los Años Luz. O álbum foi moi ben recibido polo público e pola crítica.[5]
En 2008 e 2009 realizou unha serie de concertos co seu amigo Liniers. Neles proxectábanse debuxos feitos en directo polo humorista gráfico ao tempo que Johansen interpretaba as súas cancións. Este concepto foi expandido en 2009 para o primeiro DVD de The Nada, gravado en vivo no Teatro "El Nacional". Mentres a banda interpreta as cancións de Johansen, Liniers realiza unha pintura monumental de carácter mural.
Anos 2010
[editar | editar a fonte]En 2010 Johansen gravou con Pablo Lescano o «Himno a Sarmiento», o cal interpretaran xuntos durante o espectáculo de apertura de Puertas do Bicentenario da Revolución de Maio.
En 2012 edítase “BI” (Sony Music), o novo álbum de Kevin Johansen e The Nada, que foi gravado en dúas partes. A primeira, “Jogo (Subtropicalia)”, foi realizada nos Estudos Del Arco coa coprodución de Javier Tenenbaum e Osqui Amante. A segunda, “Fogo (Pop Heart)”, foi realizada nos Estudos El Pie coa coprodución de Tweety González.
Na primeira parte, "Jogo (Subtropicalia)", fica impreso un forte selo folclórico, cunha mirada cara ao Uruguai e ao Brasil. Porén, en "Fogo (Pop Heart)" prevalece un son máis roqueiro e cancións en inglés, todos temas propios e dúas versións: «Everybody Knows» de Leonard Cohen e «Modern Love» de David Bowie.
"BI" contou coa participación de Lila Downs, Rubén Rada, Daniela Mercury, Natalia Lafourcade, Paulinho Moska, Lisandro Aristimuño, Fernando Cabrera e Orquesta El Arranque, entre outros. O 25 de maio de 2014 formou parte dos festexos do aniversario da Revolución de Maio, dentro do programa "Somos Cultura".[6][7]
En varias das súas cancións Kevin usou o metro 2/4, característico do tango e a milonga. En 2015 recibiu o Premio Konex na disciplina Canción de Autor.
O 26 de abril de 2019 lanzou o seu noveno álbum de estudio, "Algo Ritmos", e o videoclip do seu single, “Cuentas Claras”. En xullo levou a cabo a xira miTOURbano polos EUA e Europa, a cal esgotou entradas nalgúns concertos, e o resto dese ano percorreu América Latina.
Anos 2020
[editar | editar a fonte]Por mor da pandemia, durante 2020 Kevin levou a cabo unha xira mundial virtual con 4 datas distintas: Cancións propias en español, Cancións propias en inglés, Cancións propias e impropias, e Cancións Latinoamericanas. A finais do ano lanza xunto con David Lebón o seu novo sinxelo, "Todo Esto".
En abril de 2021 Kevin actuou no Teatro Gran Rex de Buenos Aires con dúas funcións vendidas. Emprende durante o mes de maio unha xira por España, "Vecino Tour", en que actúa en Valencia (La Rambleta), Barcelona (Sala Barts), Madrid (Teatro Calderón) e Vigo (Auditorio Mar de Vigo).
Discografía
[editar | editar a fonte]The nada (2000)
- Guacamole
- En mi cabeza
- You’re the Bossa
- Soñé
- No me abandones
- Ni idea
- Campo argentino
- Living in a story
- McGuevara’s o CheDonald’s
- Heat of the moment
- So lazy
- El círculo
- El de la puerta
Sur o no sur (2002)
- Sur o no sur
- Star estrella
- Puerto Madero
- La procesión
- Daisy
- Timing
- Down with my baby
- Chill out james
- Cumbiera intelectual
- No seas insegura
- Sur o no sur (Reprise)
- Acción!
- La chanson de Prevert
- Hindue blues
- Go on
- Hacele caso
- La tangómana
- Me fui pal monte
- Candombito
- He andao
City Zen (2005)
- City zen
- All I wanna do is you
- Desde que te perdí
- Atahualpa, you funky!
- El palomo
- I don’t know
- Oops
- No voy a ser yo
- La falla de San Andrés (dedicado a David Byrne)
- The gem in I
- Volutas de humo
- Buenos Aires Anti-social Club
- El incomprendido
- Push your luck
- Milonga subtropical
- Tom Zen
- Twist del rezo
- Tema del zurdo
- Everything is (Falling into place)
Logo (2007)
- Logo
- Anoche Soñé Contigo
- Susan Surrender
- Ese Lunar
- Fantasmas de Carnaval
- Funny Face
- Road Movie
- Son del Mp3
- La Hamaca
- Por Las Ruas
- Chica Rollinga
- S.O.S. Tan Fashion
- Oh My Love, My Love
- Everybody Says
- Luna Sobre Porto Alegre
- Amistad de Borrachera
- Cliché Latino, Cliché Gringo
Vivo en Buenos Aires (2010)
- Logo
- En mi cabeza
- El Palomo
- No voy a ser yo
- Mc Guevaras's o Che Donal's
- Hindue Blues
- El Círculo
- La Hamaca
- Desde que te perdí
- Oops!
- Cumbia Intelectual
- Sos tan Fashion + Everything is
- Anoche soñé contigo
- Down with my baby
- Buenos Aires anti-social club
- Guacamole
- Fin de fiesta
Bi (2012)
- Amor Finito
- Baja a la Tierra
- Jogo (Subtropicalia)
- Tan Fácil
- Veredas de Agua
- Vecino
- My Name is Peligro
- Alta, Fea y Linda
- Milonga que Paso
- Picaflor
- Nunca Digas Siempre
- Whyoh
- Chacarera del Deseo (Como Pega el Sol)
- Waiting for The Sun to Shine
- Buenos Aires Rio
- Nieva en Buenos Aires
- Y Sigo (Canción de Autoayuda Para Mi)
- No Digas Quizás
- Down In The Forest (So Many Lovers)
- Glass
- Party Girl (Love You To Death)
- Basta ya de Bastas (Rastars & Rockstars)
- Seventeen
- Apocalypso
- No Tiene Nombre
- Los Tics Del Jazzero (Tics of the Jazzman)
- Dark Side Of Me
- Everybody Knows
- Modern Love
Bi(vo) en México (2015)
- Amor Finito (en vivo)
- Baja a la Tierra (en vivo)
- En mi cabeza (en vivo)
- My Name is Peligro (en vivo)
- Vecino (en vivo)
- No seas insegura (en vivo)
- Ni idea (en vivo)
- Modern Love (en vivo)
- Cumbiera intelectual (en vivo)
- S.O.S. Tan Fashion (en vivo)
- El corrido de la falta administrativa (en vivo)
- Desde que te perdí (en vivo)
- No tiene nombre (en vivo)
- I don't know (en vivo)
- Anoche soñé contigo (en vivo)
- No Digas Quizás (en vivo)
- Guacamole (en vivo)
Mis Américas (2016)
- Es como el día -con Miranda Johansen
- Dios de la Marea -con Miss Bolivia
- Tiene algo (Intresting little thing)
- Oh, what a waist (pero que cintura)
- 5 in the morning (The great divide)
- La bach-chata -con Marcos Mundstock y Palito Ortega
- El jardín del desdén
- Folky -con Pity Álvarez
- Torcer a favor
- Life is killing me
- Meanwhile
- Amor Telepathic Love
- Zambaguala del viajero
Algo ritmos (2019)
- De repente
- Mi querido Brasil - con Maria Gadú, Jorge Drexler & Kassin
- Solo le dije
- Train of thought
- New York without you
- Tú ve
- Teletransportación - con Daniel Drexler
- Sin decir palabra - con Leonor Watling
- Cuentas claras
- Pobre millonario
- Cocktail groupie
- Noche ideal
- La gente más linda (Mito Urbano) - con La Shica
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- Available 20s (2020)
- Todo Esto, con David Lebón (2020)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En Nova York coñeceu a súa primeira esposa, Mariana León, unha bailarina arxentina. Tiveron dúas fillas, Miranda (1997) e Kim Ema (2002).
En 2006 Johansen divorciouse de Mariana e formou parella con Laura Franco. Tiveron dous fillos, Tom Atahualpa (2007) e Roy (2015).[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kevin Johansen: Soy un músico des-generado Arquivado 17 de agosto de 2016 en Wayback Machine. 21-08-2014, MDZ Online
- ↑ Kevin Johansen: “Soy un des-generado” 16-07-2012, Diario Popular
- ↑ "Entrevista realizada por Lalo Mir en el programa "Encuentro en el estudio" con Kevin Johansen.". Falta a
|url=
(Axuda) - ↑ Terra Argentina, "Lola Berthet y Mariana Aria: chicas revelación", 26-5-2003 Arquivado 15-05-2006 en Wayback Machine. - Consultado en agosto de 2010
- ↑ La Nación (1 de xaneiro de 2005). "La mirada de los otros". Consultado o 24 de outubro de 2019.
- ↑ Ministerio de Cultura de la Nación. "25 de Mayo: Fiesta patria popular en la Plaza de Todos". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015.
- ↑ Télam. ""Somos cultura", el nuevo lema del Ministerio de Cultura de la Nación". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2019. Consultado o 17 de maio de 2022.
- ↑ Plaza, Gabriel (23 de setembro de 2016). "Johansen y Johansen, un buen equipo". Consultado o 24 de outubro de 2019.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kevin Johansen |
- Biografía de Kevin Johansen en Rock.com.ar
- Kevinjohansen.com Arquivado 24 de maio de 2022 en Wayback Machine. Páxina oficial de Johansen.
- Lt24online.com.ar Entrevista a Johansen en revista arxentina.
- Montevideo.com.uy Entrevista a Johansen en revista uruguaia.
- Agendameperu.com Noticia sobre Johansen en publicación peruana.
- Wrasserecords.com Noticias ey biografía de Johansen. (En inglés).
- Netglimse.com Biografía detallada de Johansen. (En inglés).
- Vialactea.be Información xeral e presentación de Johansen. (En francés).