Kevin Hart
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2016.) |
Kevin Hart | |
---|---|
![]() Kevin Hart en 2014. | |
Nome completo | Kevin Darnell Hart |
Nacemento | 6 de xullo de 1979 (43 anos) |
Lugar | Filadelfia, Pensilvania ![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Etnia | Afroamericano |
Educado en | George Washington High School |
Parella(s) | Torri Hart (2003-2010) |
Cónxuxe(s) | Torrei Hart e Eniko Hart |
Fillos | Heven Leigh (2005) Hendrix (2008) |
Profesión | Actor, comediante |
Na rede | |
https://kevinhartnation.com e https://www.kontorara.com/kevin-hart-net-worth-biography/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Kevin Hart, nado en Filadelfia, Pensilvania o 6 de xullo de 1979 é un actor e comediante estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Hart naceu en Filadelfia, Pensilvania. Graduouse no George Washington High School e asistiu á Universidade Temple durante dous anos.
Para lograr o éxito na súa rexión, renunciou ao seu traballo como vendedor de zapatos e embarcouse na carreira de comediante. As súas actuacións levárono a estar en películas, como The 40-Year-Old Virgin, Soul Plane, Paper Soldier, Scary Movie 3, Along Came Polly, Scary Movie 4, Death at a Funeral, Little Fockers, Not Easily Broken, e One Day in Jersey.
En 2008, Hart apareceu no vídeo de Three 6 Mafia para "Lolli Lolli (Pop That Body)" e en 2009, Hart apareceu nunha serie de anuncios de eBay. Ese mesmo ano interpretou o feiticeiro Zezelryck na serie de televisión Kröd Mändoon and the Flaming Sword of Fire.
Fixo varias actuacións ao vivo de comedia en especiais de televisión para Comedy Central, incluíndo I'm a Grown Little Man e Seriously Funny. En 2010, Hart apareceu nos anuncios de Air Jordan con Dwyane Wade. Hart é idolatrado polo seu compañeiro Mike Benner.
O 6 de setembro de 2012 foi o anfitrión dos premios MTV Vídeo Music Awards 2012, que realizou a súa cerimonia no Staples Center dos Ánxeles.
Participa no segundo disco en solitario de Romeo Santos, Formula Vol.2.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Hart casou con Torri Hart en 2003. En marzo de 2005 naceu a súa filla Heaven Leigh (pronunciado Heavenly) Hart. Como se revelou en The 40-Year-Old Virgin, el comentou medio de broma que non quere que se converta "nunha bailarina de striptease". O 18 de febreiro de 2008, naceu Hendrix Hart. En 2010, Hart separouse legalmente da súa esposa, quen tamén fai xiras de stand-up con el.
É amigo de Anthony Anderson.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Película | |||
---|---|---|---|
Ano | Película | Papel | |
2001 | Undeclared | Estudante relixioso | |
2003 | Scary Movie 3 | CJ | |
Death of a Dynasty | P-Diddy / Policía 1 / Adestrador de Baile / Rapeiro / H. Lector | ||
2004 | Along Came Polly | Vic | |
Soul Plane | Nashawn | ||
2005 | The 40 Year Old Virgin | ||
2006 | Scary Movie 4 | CJ | |
2007 | Epic Movie | Silas | |
2008 | Fool's Gold | Bigg Bunny | |
Superhero Movie | Trey | ||
Extreme Movie | Barry | ||
Meet Dave | Number 17 | ||
Drillbit Taylor | Vendedor de casa de empeño | ||
2009 | Party Down | Dro Grizzle | |
Not Easily Broken | Tree | ||
Kröd Mändoon and the Flaming Sword of Fire | Zezelryck | ||
2010 | Death at a Funeral | Brian | |
Something Like a Business[1] | JoJo | ||
Little Fockers | Nurse Louis | ||
2011 | 35 and Ticking[2] | Cleavon | |
Let Go[3] | Kris Styles | ||
The Precious One[4] | TBA | ||
2012 | Think Like a Man | Cedric | |
2013 | This is The End | Kevin Hart | |
2014 | Ride Along[5] | Ben | |
About Last Night[6] | Bernie | ||
Think Like a Man Too[7] | Cedric | ||
Top Five | Charles | ||
2015 | The Wedding Ringer[8] | Jimmy | |
Get Hard[8] | |||
2016 | Ride Along 2[9] | Ben Barber | |
2017 | Captain Underpants[9] | George Beard (voz) |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://www.imdb.com/title/tt1103255/
- ↑ http://www.imdb.com/title/tt1652287/
- ↑ http://www.imdb.com/title/tt1674776/
- ↑ [[imdbtitle:1239272|http://www.imdb.com/title/tt1239272/ Arquivado 29 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.]]
- ↑ http://www.imdb.com/title/tt1408253/
- ↑ http://www.imdb.com/title/tt1826590/
- ↑ http://www.imdb.com/title/tt2239832/
- ↑ 8,0 8,1 http://www.imdb.com/title/tt0884732/
- ↑ 9,0 9,1 http://www.imdb.com/title/tt2869728/