Kernel panic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pantalla de kernel panic de Mac OS X 10.6 e 10.7.
Linux 3.8 Kernel Panic.

Kernel panic é un procedemento de erro do núcleo do sistema operativo que advirte do fallo total do sistema e que fai imposible recuperar os procesos que se están a executar.

As rutinas de software que manexa o kernel son chamadas panic() pola empresa AT&T derivado do código fonte de Unix e BSD. Son rutinas deseñadas para amosar na pantalla a mensaxe de erro por salto o desbordamento da memoria de traballo. Esta mensaxe post-mortem (o sistema non é recuperable) indican que o sistema debe ser reiniciado manualmente ou automaticamente.