Saltar ao contido

Kenyanthropus platyops

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kenyanthropus platyops
Kenyanthropus platyops Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
K. platyops Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
TriboHominini
XéneroKenyanthropus
EspecieKenyanthropus platyops Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período
Códigos e identificadores
Freebase/m/048dh Editar o valor en Wikidata
OTT3607700 Editar o valor en Wikidata
EOL10512596 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Kenyanthropus platyops é o nome proposto para unha especie de homínido para a que se atopou un cranio fósil en 1999. O achado foi feito por un equipo dirixido por Meave Leakey e a súa filla Louise Leakey, en Kenya, nunha rexión semidesértica preto do lago Turkana. O fósil data duns 3,5 millóns de anos (Piacenziano, Plioceno). Ten características moi interesantes, xa que ten trazos faciais planos e delicados e dentes relativamente pequenos.

Os científicos propuxeron definir o xénero Kenyanthropus, xa que o cranio atopado mostra unha mestura equilibrada de trazos de Australopithecus e Homo, segundo os descubridores aseméllase a outro fósil KNM-ER 1470 atopado hai uns anos nesa rexión, clasificado como Homo rudolfensis, e cunha datación moito menor, uns 1,8 millóns de anos. Porén, dado que o espécime tipo, KNM-WT-4000,[1] está terribelmente distorsionado, algúns autores non o consideran un xénero ou especie válido e que podería tratarse simplemente dun exemplar de Australopithecus afarensis[2] ou debido á falta de máis evidencia para definir un novo xénero, ao mellor podería ser designado como Australopithecus platyops.[3]

Un estudo dos caracteres craniodentais dos homínidos determinou que "non hai un apoio convincente para a hipótese de que Kenyanthropus platyops mostre afinidades especialmente estreitas co Homo rudolfensis". Pola contra, K. platyops forma parte do mesmo clado, tanto con Australopithecus africanus como cos xéneros Paranthropus e Homo no seu conxunto. Se K. platyops é unha especie válida, estas relacións suxiren que tanto Paranthropus como Homo diverxeron doutros homínidos moito antes do que se supoñía anteriormente.[4]

  1. "KNM-WT 40000, Kenyanthropus platyops". The TalkOrigins Archive. 2003. Consultado o 10 de abril de 2010.
  2. White, Tim D. (2003). "Early hominids - diversity or distortion?". Science 299 (5615): 1994–7. doi:10.1126/science.1078294.
  3. Cartmill, Matt y Smith, Fred H. (2009). "The Human Lineage". En En: Kaye B. Brown. Foundations of Human Biology. Hoboken, NJ: John Wiley & Sons. p. 183. ISBN 978-0-471-21491-5.
  4. Strait,D. & F. Grine (2004) "Inferring hominoid and early hominid phylogeny using craniodental characters: the role of fossil taxa"; Journal of Human Evolution 47 (6): 399-452.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]