Kenneth S. Reightler, Jr.
Kenneth S. Reightler, Jr. | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 24 de marzo de 1951 |
Lugar | Naval Air Station Patuxent River |
Actividade | |
Misións | STS-60 e STS-48 |
Tempo no espazo | 13,65 días |
Premios | Lexionario da Lexión do Mérito e Eagle Scout |
[ editar datos en Wikidata ] |
Kenneth Stanley Reightler Jr., nado en Patuxent River, Maryland, o 24 de marzo de 1951, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-60 e STS-48.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Reightler graduouse en enxeñaría aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1973 e é máster en enxeñaría aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1984.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1987, participando nas misións STS-48 e STS-60 e pasando un total de 13,65 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "Reightler, Kenneth Stanley Jr" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2008). "KENNETH S. REIGHTLER, JR. (CAPTAIN, USN, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kenneth S. Reightler, Jr. |