Kenneth Cockrell
Kenneth Cockrell | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 9 de abril de 1950 |
Lugar | Austin |
Actividade | |
Misións | STS-56, STS-69, STS-80, STS-98 e STS-111 |
Tempo no espazo | 64,52 días |
Premios | Medalha de Serviço Distinto da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] |
Kenneth Dale "Taco" Cockrell, nado en Austin (Texas) o 9 de abril de 1950, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-56, STS-69, STS-80, STS-98 e STS-111. Pasou un total de 64,52 días no espazo.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cockrell é graduado en enxeñería mecánica pola Universidade de Texas en 1972 e máster en sistemas aeronáuticos pola Universidade de Florida Oeste en 1974.[1][2]
Cockrell traballou como enxeñeiro e piloto no Campo Ellington (Houston) entre novembro de 1987 e xullo de 1990. Foi instrutor e piloto de probas en avións T-38 da NASA e levou a cabo misións de mostreo e investigación a grandes alturas pilotando un avión WB-57. Tamén foi comandante da aeronave de transporte Gulfstream I.[1][2]
Foi seleccionado como candidato a astronauta en xaneiro de 1990, pasando as probas e converténdose en astronauta oficialmente en xullo de 1991. Participou nas misións STS-56, STS-69, STS-80, STS-98 e STS-111, pasando un total de 64,52 días no espazo. Apartouse do servizo civil en outubro de 2014 para pasar a traballar como piloto de probas experimental.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2019). "Cockrell, Kenneth Dale 'Taco'" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xaneiro de 2018). "KENNETH D. COCKRELL (CAPTAIN, U.S. NAVY, RET.)" (PDF) (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kenneth Cockrell ![]() |