Kenn Navarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kenn Navarro
Kenn Navarro.jpg
Nacemento1979
 Manila
NacionalidadeFilipinas e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade Estatal de São Francisco
Ocupacióndebuxante de banda deseñada, actor de dobraxe, escritor e animador
editar datos en Wikidata ]

Kenn Navarro, nado en 1979 en Manila, é un animador filipino nacionalizado estadounidense, coñecido por ser o director de animación da serie flash Happy Tree Friends.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1995 incribiuse nun curso de animación da San Francisco State University, pese a que nun primeiro momento se matriculara nun curso de artes especializado en deseño gráfico.

En 1998 entrou a traballar na empresa Mondo Mini Shows, máis coñecida coma Mondo Media, que se estaba reconvertendo dunha produtora de xogos de animación a un estudio totalmente preparado para a creación e distribución de contido en rede. Comezou participando en diversos proxectos de xogos e pasou despois a deseños animados para internet, como The God & Devil Show, Thugs on Film ou Like News

Pouco despois asociouse con Rhode Montijo e Aubrey Ankrum para crear un debuxo animado que chegou a ser moi popular en internet, Happy Tree Friends, que debutou no ano 2000. A canle de televisión G4 adquiriu os dereitos de retransmisión por televisión.

Ademais da elaboración da animación Kenn fai as voces de varios personaxes da serie (Cuddles, Lifty & Shifty e Flippy).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]