Kenjutsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samurais loitando con espadas no tellado da Torre Hōryū, período Edo.

Kenjutsu (en xaponés: 剣術, arte da espada) é unha arte marcial xaponesa na cal se estudan e practican técnicas de esgrima, principalmente o manexo de espada, para combate corpo a corpo. Súa arma por antonomasia é a espada katana, que podía ser usada soa ou en conxunto con outra. O período de seu desenvolvemento foi durante a Idade Media, até pouco antes da Era Meiji, cando o seu prestixio entrou en decaída xuntamente co prestixio dos samurais e de todo o que eles representaban.[1][2][3]

Así como aconteceu coas varias disciplinas de guerra que os guerreiros xaponeses deberían aprender, xurdiron diversas escolas de Kenjutsu, coas máis varías técnicas e enfoques. Esas escolas, despois coñecidas como koryu, eran froito do estudo dunha familia enteira ou de só un samurai, que se dedicaba a adestrar e a colocar en proba súas habilidades, tanto no campo de batalla canto en desafíos a outro guerreiro famoso.[4][5]

Coa caída de seu prestixio como aspecto da cultura xaponesa, a arte marcial pasou por un período de adaptación e transformación, realzando máis o lado filosófico do estudo e de súas prácticas, do cal xurdiu o Kendo. Un proceso moi parecido co que aconteceu coas outras artes marciais, como o jujitsu que culminou no nacemento do judo e do aikido, ou mesmo o iaijutsu que se transformou no iaido, ou o toshujutsu, que se transformou no karatedo.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bull, Wagner J. (2006). Pensamento, ed. Aikido Takemussu Aiki (en portugués). São Paulo. 
  2. Frederic, Louis; Hwang, Alvaro David (trad.) (2008). Globo, ed. Japão - Dicionário E Civilização (en portugués). São Paulo. p. 77. 
  3. Sociedade Bradileira de Bugei (ed.). «Kenjutsu» (en portugués). Consultado o 11 de marzo de 2014. 
  4. Tokitsu, Kenji (2008). Paidotribo, ed. Myamoto Musashi (en castelán). Barcelona. 
  5. Associazione Italiana Katori Shinto Ryu (ed.). «Kenjutsu» (en italiano). Consultado o 11 de marzo de 2014. 
  6. Bull, Wagner J. (2006). Pensamento, ed. Aikido - O Caminho Da Sabedoria - Dobun Historia E Cultura (en portugués). São Paulo. 
  7. «History of Karate» (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2014.