Ken Critton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ken Critton
Información persoal
Nacemento 12 de xaneiro de 1969 (55 anos)
Homer, Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Posición Ala, ala-pivote
Información da carreira
Universidade West Texas (1989–1990)
Washington State (1990–1992)
Carreira 1992−1994
Historial de equipos
DYC Breogán (1992)
CA Quilmes (1992−1993)
CB Mollet (1993)

Kenneth Wayne Critton, nado o 12 de xaneiro de 1969 en Homer, Luisiana, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 2,03 metros de altura, xogaba nas posicións de ala e ala-pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado nas universidades de West Texas Junior College e Washington State e non ser elixido no Draft da NBA, Critton viaxa a Europa para xogar no Club Baloncesto Breogán da Liga ACB. No club lucense xoga tan só tres partidos, continuando no club para reforzar os adestramentos. Ese mesmo ano asina polo Qilmes de Mar de Plata arxentino, para na seguinte temporada volver a Europa ao CB Mollet. Co equipo catalán da 1ª División B, segunda categoría do baloncesto español, tan só xoga un encontro até que se foi sen permiso de volta aos Estados Unidos. A razón da saída do club, segundo a prensa, é que foi a despedir á súa muller ao aeroporto de El Prat, mais unha vez alí decidiu irse con ela. O club xa lle tiña pagado dous meses de soldo, uns 10 800 euros.[1]

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ortiz Pérez, Javier (20 de xuño de 2017). "Ken Critton: Dos pésimas experiencias en Lugo y Mollet". endesabasketlover.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 07 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]