Kelly Madison
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Eleanore Marlene Wilmerton 26 de agosto de 1967 Newport Beach, Estados Unidos de América |
| Altura | 175 cm |
| Peso | 61 kg |
| Cor dos ollos | Castaño |
| Cor do pelo | Louro |
| Actividade | |
| Ocupación | directora de cine, actriz de cinema, empresaria, xornalista, actriz porno, modelo erótica, director de cinema pornográfico |
| Período de actividade | 2003 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Ryan Madison (1999–) |
| Premios | |
| |
| Sitio web | kellymadison.com |
Kelly Madison, nada o 26 de agosto de 1967 é unha actriz e directora porno estadounidense, sendo ben coñecida dentro do mundo da pornografía polos seus grandes seos naturais. É fundadora, xunto co seu marido Ryan, da produtora 413 Productions.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O pai de Madison era actor e figurante, e súa nai era contable; ten dúas irmás máis vellas. É curmá da tamén actriz porno Janine Lindemulder. Inspirada pola carreira pornográfica da súa curmá, comezaron en Internet o negocio pornográfico coa súa web persoal, vencendo os problemas iniciais porque ela comezou tarde na pornografía, e ademais nunca posara espida.
Kelly Madison coñeceu o seu marido con 33 anos, sendo vicepresidenta de vendas e el un mozo deseñador gráfico de só 22. A pesar da diferenza de idade e de que ela estaba a piques de casar con outro home, acabaron namorando, fuxindo para casar.