Keala Settle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Keala Settle
The Greatest Showman Japan Premiere Red Carpet- Keala Settle (39535224644) (Cropped).jpg
Nome completoKeala Joan Settle
Nacemento5 de novembro de 1975
 Laie
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterSouthern Utah University
Ocupaciónactriz, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz de cinema e cantante
PremiosTheatre World Award
editar datos en Wikidata ]

Keala Joan Settle, nada o 5 de novembro de 1975, é unha actriz e cantante estadounidense. Settle interpretou o papel de Norma Valverde en Hands on a Hardbody, que se estreou en Broadway en 2013, e foi nomeada aos premios Outer Critics Circle Award, Drama Desk Award e Tony á mellor actriz de musical. En 2017, interpretou o papel de Lettie Lutz no filme musical The Greatest Showman. A canción "This Is Me", cantada principalmente por Settle, gañou o Globo de Ouro á mellor canción orixinal, e estivo nomeada ó Óscar á mellor canción orixinal. O 27 de xaneiro de 2019, Settle cantou "Seasons of Love" en Rent: Live de Fox.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Settle naceu en Hawai, sendo a meirande de cinco irmáns fillos de Susanne (nada Riwai), quen é de ascendencia maorí de Nova Zelandia e o británico David Settle. Graduouse no instituto Kahuku (clase de 1993) e na Universidade do Sur de Utah.[1][2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]