Katsuko Saruhashi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKatsuko Saruhashi
Nome orixinal(ja) 猿橋 勝子 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1920 Editar o valor em Wikidata
Toquio, Xapón Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 2007 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio - química (–1957)
Toho University (en) Traducir (–1943) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeoquímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímica , xeóloga , xeoquímica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorToho University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Science Council of Japan (en) Traducir (1980–) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: 猿橋-1


Katsuko Saruhashi Saruhashi Katsuko (猿橋 勝子?) nada en Toquio o 22 de marzo de 1920 e finada na mesma cidade o 29 de setembro de 2007 foi unha xeoquímica xaponesa que realizou algunhas das primeiras medicións dos niveis de dióxido de carbono (CO2) na auga do mar e ensinou a evidencia dos perigos da choiva radioactiva no mar e na atmosfera.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Saruhashi naceu en Toquio e graduouse no Colexio Imperial de Ciencia para Mulleres (predecesor da Universidade de Toho), en 1943. Posteriormente traballou no Instituto de Investigación Meteorolóxica que pertencía ao Observatorio Meteorolóxico Central (máis tarde Axencia Meteorolóxica do Xapón), e traballou no seu laboratorio xeoquímico con Yasuo Miyake, quen foi o seu mentor. En 1950 comezou a estudar os niveis de CO2 na auga do mar, a partir da recomendación de Miyake. Nesa época os niveis de CO2 non se consideraban importantes e Saruhashi tivo que desenvolver os seus propios métodos para realizar esas medicións.[1]

Obtivo o seu doutoramento en Química en 1957 na Universidade de Toquio, sendo a primeira muller en doutorarse nesa universidade.[2]

Resultados dos ensaios nucleares no atol de Bikini[editar | editar a fonte]

Logo dos ensaios nucleares no atol de Bikini en 1954, o goberno do Xapón solicitoulle ao laboratorio xeoquímico que analizase e monitoreara a radioactividade na auga do mar e na auga da choiva. Un barco atuneiro xaponés atopouse exposto aos ensaios e os seus ocupantes terminaron enfermos. Saruhashi descubriu que logo dun ano e medio a radioactividade alcanzou ao Xapón na auga do mar.[Cómpre referencia]

Para 1964, os niveis de radioactividade mostraron que as augas occidentais e orientais do océano Pacífico norte mesturáranse completamente, e para 1969 os rastros de radioactividade esparexéranse por todo o océano. Tratouse da primeira investigación que demostrou como os efectos da choiva radioactiva poden dispersarse a través de todo o mundo.[Cómpre referencia] Máis tarde, nos anos 70 e 80, enfocouse no estudo da choiva aceda e os seus efectos.

Saruhashi morreu o 29 de setembro de 2007 de pneumonía, no seu fogar en Tokio. Tiña 87 anos de idade.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1958 - Fundou a Sociedade de Mulleres Científicas Xaponesas, para promover a presenza das mulleres na ciencia e contribuír á paz mundial.[3]
  • 1979 - Foi nomeada executiva do Laboratorio Xeoquímico.
  • 1980 - Primeira muller elixida para integrar o Consello Científico do Xapón.
  • 1981 - Obtivo o Premio Especial de Avón para Mulleres, polas súas investigacións en usos pacíficos da enerxía nuclear e elevar o status das mulleres científicas.
  • 1981 - Estableceu o Premio Saruhashi, outorgado anualmente a mulleres científicas que son un exemplo para as mozas investigadoras.
  • 1985 - Primeira muller en obter o Premio Miyake como xeoquímica.
  • 1993 - Obtivo o Premio Tanaka da Sociedade de Ciencias do Mar.

Saruhashi foi membro honorario da Sociedade Xeoquímica do Xapón e da Sociedade Oceanográfica do Xapón.[4]

Cita[editar | editar a fonte]

"Hai moitas mulleres que teñen a capacidade de ser grandes científicas. Gustaríame ver o día no que as mulleres poidan contribuír á ciencia e a tecnoloxía nun pé de igualdade cós homes".[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yount, Lisa (1996). Twentieth Century Women Scientists (en inglés). Facts on File. p. 53. ISBN 0-8160-3173-8. 
  2. Yount, Lisa (2008). A to Z of women in science and math (en inglés). New York: Facts On File. pp. 263–264. ISBN 978-0-8160-6695-7. 
  3. Robertson, Jennifer, ed. (2008). A Companion to the Anthropology of Japan (en inglés). John Wiley & Sons. p. 477. ISBN 140514145X. 
  4. Yount, Lisa, p. 58, ISBN 0-8160-3173-8
  5. Yount, Lisa, p. 56, ISBN 0-8160-3173-8

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]