Katla
{{{Nome}}} | |
---|---|
Latitude | {{{Latitude}}} |
Lonxitude | {{{Lonxitude}}} |
Localización | {{{Localización}}} |
Altitude | m |
O volcán Katla é un dos volcáns máis poderosos do sur de Islandia, localizado baixo o glaciar Mýrdalsjökull. Desde o ano 930 documentáronse dezaseis erupcións do Katla, a última das cales tivo lugar en 1918.
Ten unha altura de 1.450 m. e a súa caldeira é de 10 km. de diámetro. O seu período entre erupcións é de 40 – 80 anos. Dado que a súa última erupción tivo lugar en 1918, este volcán está estreitamente monitorizado. Forma xunto co canón Eldgjá un sistema volcánico.
Antes de que se construíse o Hringvegur (a estrada principal ao redor da illa), atravesar as chairas situadas fronte ao volcán era perigoso debido aos frecuentes jökulhlaups (inundacións glaciares) e os profundos ríos que había que cruzar. Especialmente perigosa foi a corrente glaciar tras a erupción de 1918, cando a liña de costa quedou ampliada en 5 km por depósitos de correntes laháricas. Os lahares desa erupción chegaron a cubrir unha superficie de 125 km² de extensión.
Vista[editar | editar a fonte]
Vistas do volcán Katla desde Dyrhólaey.
Referencias[editar | editar a fonte]
- National Geographic España, novembro de 2006.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- Volcáns de Islandia
- Katla (serie de televisión)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Katla ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Cámara web do volcán (en islandés) Arquivado 05 de decembro de 2011 en Wayback Machine.
- Seguimiento da actividade dos volcáns en Islandia. Arquivado 15 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.