Katie Bouman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Katie Bouman
Katie Bouman answers questions about the Event Horizon Telescope project.jpg
Nome completoKatherine Louise Bouman
Nacementoc. 1989
Lugar de nacementoWest Lafayette
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónxudaísmo
Alma máterInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts, Universidade de Míchigan, West Lafayette Junior-Senior High School e Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Ocupacióninformática teórica e enxeñeira eléctrica
PaiCharles Addison Bouman
Coñecida porContinuous High-resolution Image Reconstruction using Patch priors
Premios100 Mulleres da BBC
Na rede
https://people.csail.mit.edu/klbouman/ e http://users.cms.caltech.edu/~klbouman/
LinkedIn: katie-bouman-62a322125 Youtube: UCWzCn2GGkR65-rO3gqmD-dw TED: katie_bouman Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Katherine Louise Bouman, nada en West Lafayette o 9 de maio de 1989 é unha profesora de ciencias da computación no Instituto Tecnolóxico de California.[1] Investiga métodos computacionales para imaxes e liderou a primeira visualización dun burato negro utilizando o proxecto Event Horizon Telescope.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bouman ouviu falar por primeira vez sobre o proxecto Event Horizon Telescope cando era estudante de secundaria en West Lafayette, Indiana.[2][3][4]

Estudou enxeñaría eléctrica na Universidade de Míchigan e graduouse Cum laude.[5] Obtivo unha mestría en enxeñaría eléctrica no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde tamén completou o seu doutoramento.

Bouman foi membro do MIT Haystack Observatory. Foi apoiada por unha bolsa de posgrao da Fundación Nacional de Ciencias.[6]

A súa tese de mestría Estimating Material Properties of Fabric through the observation of Motion foi galardoada co Premio Ernst Guillemin á mellor tese de mestría.[7]

Uniuse á Universidade de Harvard como bolseira postdoutoral no equipo Event Horizon Telescope Imaging.[8][9][10]

En 2017, impartiu unha charla TED: Como tomar unha fotografía dun buraco negro.[11][12][13]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Primeira fotografía dun burato negro supermasivo tomada polo Telescopio Event Horizon.

Bouman ingresou no Instituto de Tecnoloxía de California como profesora asistente en 2019.[14][15] As súas investigacións versan sobre novos sistemas para imaxes computacionais.

En abril de 2019 foi responsable das primeiras imaxes dun burato negro, achegando apoio computacional para aprender sobre a relatividade xeral no réxime de campo forte.[6][14][16] Teorizou que os buratos negros deixan unha sombra de fondo de gas quente.[9]

A fotografía foi obtida a partir dunha rede de oito telescopios situados en distintos puntos do mundo, participando ESO, ALMA e APEX,[17] con ondas de radio que lles permitiron atravesar o po galáctico, e complementada cun algoritmo que foi creado por Bouman.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pinto, Teguayco. "Katie Bouman: una ingeniera de 29 años ha sido clave para fotografiar por primera vez un agujero negro". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-04-11. 
  2. 2,0 2,1 Ghosh, Pallab (2019-04-10). ""Un absoluto monstruo": así es la primera foto de un agujero negro, 3 millones de veces más grande que la Tierra" (en inglés). Consultado o 2019-04-10. 
  3. 3,0 3,1 "Equipo que consiguió primera foto de un agujero negro fue liderado por una mujer". Consultado o 2019-04-10. 
  4. Abraham (2019-04-10). "About Katie Bouman Creator Of First Black Hole Image From Event Horizon Telescope". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-10. 
  5. "Katie Bouman aka Katherine L. Bouman". Consultado o 2019-04-10. 
  6. 6,0 6,1 "Working together as a “virtual telescope,” observatories around the world produce first direct images of a black hole". Consultado o 2019-04-10. 
  7. "EECS Celebrates - Fall 2014 Awards | MIT EECS". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-10. 
  8. "Katie Bouman". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-10. 
  9. 9,0 9,1 "Professor Katie Bouman (Caltech): ” Imaging a Black Hole with the Event Horizon Telescope”". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-10. 
  10. "Project bids to make black hole movies". Consultado o 2019-04-10. 
  11. "Cómo fotografiar un agujero negro | En la red". 2019-02-03. Consultado o 2019-04-10. 
  12. Bouman. "Katie Bouman | Speaker | TED". Consultado o 2019-04-10. 
  13. "Katie Bouman". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-10. 
  14. 14,0 14,1 "Caltech Computing + Mathematical Sciences | Katherine L. Bouman". Consultado o 2019-04-10. 
  15. "Imaging the Invisible". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-10. 
  16. Science Editor, Tom Whipple (2019-04-10). "First image of black hole revealed" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2019-04-10. 
  17. information@eso.org. "Un equipo de astrónomos capta la primera imagen de un agujero negro - ESO, ALMA y APEX contribuyen a un cambio de paradigma con las observaciones del gigantesco agujero negro del centro de la galaxia distante Messier 87". www.eso.org (en castelán). Consultado o 2019-04-11.