Katia Zhukova
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 5 de novembro de 1997 Málaga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 170 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 77 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | balonmanista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | balonmán | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Katia Zhukova, nada en Málaga o 5 de novembro de 1997, é unha xogadora de balonmán rusa. Xoga de pivote no BM Porriño.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É filla de Mikhail Zhukov, quen xogoou ao balonmán no Puleva Maristas, Teka Cantabria, Altea e Torrevieja.[1] É irmá do tamén xogador Dani Zhukov. Só pasou en Málaga os primeiros anos de vida.[2]
De pequena xogou ao baloncesto, e comezou a xogar ao balonmán no Club Esportiu Villa Blanca de Altea.[3] En 2013 acadou o campionado de España en categoría cadete co equipo da Comunidade Valenciana.[3] Fichou polo Club Balonmano Elche tras a marcha do club de Anna Vicente, e coincidiu no posto con Carmen Ocáriz. Lesionouse de gravidade en 2017, mais seguiu no equipo adestrado por Joaquín Rocamora. Foi subcampioa da Copa da Raíña 2019-20,[4] e na tempada 2020-21 acadou a Copa da Raíña[5] e a Supercopa de España.[6] En 2024 acadou a Copa Europea da EHF.[7]
Na tempada 2024/25 fichou polo BM Porriño,[8][9] e nesa mesma tempada o equipo chegou á final da EHF European Cup.
Clubs
[editar | editar a fonte]- 2013–14: Mar Alicante
- 2014– 2024: Balonmano Elche
- 2024 -: CB Porriño
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nieto, Rubén (29 de maio de 2018). "La progresión de Katia Zhukova". 7 metros (en castelán).
- ↑ Rivas, Marina (29 de maio de 2019). "La saga 'Yukov' continúa". Diario Sur (en castelán).
- 1 2 "Ekaterina Zhukova y Melanie Guardia, campeonas de España de balonmano". El Periòdic (en castelán). 21 de agosto de 2013.
- ↑ "El Club Balonmano Elche, subcampeón de la Copa de la Reina". Alicante Press. 6 de setembro de 2020.
- ↑ "El Balonmano Elche se proclama campeón de la Copa de la Reina". Alicante Plaza. 23 de maio de 2021.
- ↑ Verdú, Pablo (5 de setembro de 2021). "El Club Balonmano Elche, la explosión que se veía venir". Alicante Plaza.
- ↑ "El Atticgo Elche reina en Europa". 24 de maio de 2024.
- ↑ Marín, David (27 de marzo de 2024). "Zhukova no continuará la próxima temporada en el Atticgo Elche". Información (en castelán).
- ↑ Refojos, Borja (29 de agosto de 2024). "Elena Martínez y Katia Zhukova brindan por los nuevos comienzos". Atlántico Diario (en castelán).