Kathrine Switzer
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xaneiro de 1947 (77 anos) Amberg, Alemaña |
Educación | Universidade de Syracuse George C. Marshall High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | maratoniana, escritora de non ficción, atleta, xornalista, actriz |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | Maratón atletismo |
Premios | |
Sitio web | kathrineswitzer.com |
Kathrine Virginia "Kathy" Switzer, nada en Amberg (Alemaña) o 5 de xaneiro de 1947, é unha escritora, comentarista de televisión e atleta estadounidense, máis coñecida por ser a primeira muller en correr un maratón (o maratón de Boston) cun dorsal.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Maratón de Boston de 1965
[editar | editar a fonte]A primeira muller en correr un maratón con dorsal, proba que estaba destinada exclusivamente aos deportistas homes, cando no maratón de Boston de 1967 logrou, inscribíndose como KV Switzer, partir da liña de meta co dorsal 261 e chegar a cruzar a liña final despois de 4 horas e 20 minutos.
No transcurso da carreira, un dos comisarios, chamado Jock Semple, que exercía como codirector da carreira, detectando que Kathrine Switzer era, efectivamente, unha muller, tentou detela, saíu detrás dela e gritoulle: "Sae da miña carreira e devólveme o dorsal!". Pero a colaboración do mozo da atleta e dalgúns corredores, que a escoltaron ata a meta, impediu que fose retirada da competición. Semple tentou detela, porque calquera tipo de incidente podería provocar a perda dos permisos para celebrar o maratón. Bobbi Gibb, quen tamén correu o maratón aquel ano (pero sen dorsal), e que acabou por diante de Switzer, dixo estar seguro de que Semple non só a vira aquel ano, senón tamén o ano anterior, cando foi a primeira muller en lograr acabar o maratón de Bostón por diante de máis de 290 dos 415 corredores inscritos. Tamén aquela vez correu sen dorsal.
Outros logros
[editar | editar a fonte]Switzer gañou o maratón de Nova York de 1974 e quedou segunda no maratón de Boston de 1975, onde logrou a súa mellor marca cun tempo de 2 horas, 51 minutos e 37 segundos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La hazaña de Katherine Switzer, primera mujer que corrió un maratón BBC, 16/5/2015 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]