Katherine Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Katherine Johnson
Katherine Johnson 1983.jpg
Datos persoais
Nacemento26 de agosto de 1918
LugarWhite Sulphur Springs
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Actividade
Campomatemático, informático teórico, mestre, físico e enxeñeiro aeroespacial
Alma máterWest Virginia University e Universidade de Columbia
PremiosMedalla Presidencial da Liberdade, Virginia Women in History e 100 Mulheres
editar datos en Wikidata ]

Katherine Coleman Goble Johnson, nada en White Sulphur Springs (Virxinia Occidental), o 26 de agosto de 1918 é unha física estadounidense, científica espacial, e matemática que contribuíu á aeronáutica dos Estados Unidos e aos seus programas espaciais coa aplicación temperá dos computadores electrónicos dixitais na NASA. Coñecida pola súa precisión na navegación astronómica, calculou a traxectoria para o Proxecto Mercury e o voo do Apollo 11 á Lúa en 1969.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Katherine Coleman Johnson[1] naceu en 1918 en White Sulphur Springs (Virxinia Occidental), filla de Joshua e Joylette Coleman.[2][3] Tiña tres irmáns. O seu pai foi leñador, agricultor e finalmente persoal de mantemento no hotel The Greenbrier e a súa nai foi mestra.[2][4] Dende moi nova, Johnson demostrou talento para as matemáticas. Os seus pais consideraban moi importante a educación dos seus fillos e debido a que no condado de Greenbrier non se ofrecía escolarización para nenos negros máis aló do oitavo grao, os nenos Coleman asistiron á secundaria na comunidade de Institute. A familia permanecía en Institute durante o ano escolar e en White Sulphur Springs durante o verán.

Coleman Goble Johnson graduouse na escola secundaria aos 14 anos e aos 15 ingresou na universidade Estatal de Virxinia Occidental. Como estudante, asistiu a todos os cursos de matemáticas que ofrecía a universidade. Moitos profesores prestáronlle especial atención, incluíndo á química e matemática Angie Turner King, quen xa lle deu clase na secundaria, e W.W. Schieffelin Claytor, o terceiro afroamericano en obter un doutoramento en matemáticas nos Estados Unidos. Claytor engadiu materias de matemáticas especialmente para Katherine. Graduouse summa cum laude en 1937, en matemáticas e francés, á idade de 18 anos.[3][4][5] Logo da súa graduación, Johnson trasladouse a Marion (Virxinia), a ensinar matemáticas, francés e música nunha pequena escola.

En 1938, converteuse na primeira muller afroamericana en terminar coa segregación na universidade de Virxinia Occidental en Morgantown. Foi a única muller dos tres estudantes afroamericanos seleccionada para realizar estudos de posgrao despois do fallo da Corte Suprema dos Estados Unidos no caso Missouri ex rel. Gaines v. Canada.[4][6]

Carreira[editar | editar a fonte]

Johnson na NASA en 1966

Non contenta con ensinar, Coleman Goble Johnson decidiu facer unha carreira en matemáticas, Nunha reunión familiar, un parente mencionou que a NACA (National Advisory Committee for Aeronautics), logo convertido en NASA, estaba a ofrecer empregos. En particular, buscaban mulleres afroamericanas para o Departamento de Guía e Navegación. En 1953, ofrecéronlle un posto a Johnson quen aceptou de inmediato.

Johnson foi inicialmente asignada á sección West Area Computers que era supervisada pola matemática Dorothy Vaughan, e logo reasignada á área de Guía e Control da División de Investigación de Voo de Langley. Máis tarde trasladouse á área de Controis de Naves Espaciais (Spacecraft Controls Branch). Johnson calculou a traxectoria do voo espacial de Alan Shepard,[7][8] o primeiro estadounidense en viaxar ao espazo, en 1959. Tamén calculou a xanela de lanzamento do Proxecto Mercury de 1961.[9] En 1962, cando a NASA comezou a empregar computadores electrónicas para calcular a órbita de John Glenn ao redor da Terra, foi convocada para verificar os resultados do computador.[10] Máis tarde Johnson traballou directamente con computadores dixitais. A súa capacidade e reputación pola exactitude dos seus cálculos axudaron a establecer confianza coa nova tecnoloxía. Calculou a traxectoria de voo do Apollo 11 cara á Lúa. Durante a aluaxe, Johnson atopábase reunida nas montañas Pocono xunto cun pequeno grupo fronte a unha pequena pantalla de televisor observando os primeiros pasos sobre o satélite. En 1970, traballou na misión do Apollo 13. Unha vez que a misión foi abortada, o traballo de Johnson en poñer en funcionamento procedementos e cartas de navegación de apoio axudou a que a tripulación puidese regresar a salvo á Terra catro días máis tarde.

Legado[editar | editar a fonte]

En total, Katherine Johnson foi coautora de 26 artigos científicos.[11] A NASA mantén unha listaxe dos artigos máis importantes escritos por Johnson con ligazóns á súa ferramenta de procura.

O impacto de Katherine Johnson como pioneira na ciencia espacial e na informática viuse reflectido nos premios que recibiu e a cantidade de veces que foi presentada como un exemplo para a sociedade.[12][13][14][15][16]

Dende 1979 (antes de xubilarse), a biografía de Katherine Johnson ten un lugar de honra nas listas de afroamericanos en ciencia e tecnoloxía.[17][18]

O 16 de novembro de 2015, o Presidente Barack Obama incluíu a Johnson nunha lista de dezasete estadounidenses acredores da Medalla Presidencial da Liberdade en 2015. Foi presentada con ese premio o 24 de novembro de 2015, e mencionada como unha muller afroamericana pioneira en STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).[19]

En marzo de 2016 comezouse a rodaxe de Hidden Figures, unha película sobre Katherine Johnson e as súas colegas afroamericanas da NASA, baseado no libro do mesmo nome de Margot Le Shetterly, que se estreou en xaneiro de 2017.[20] Johnson estivo presente na 89ª edición dos Oscar xunto ás actrices do filme.[21][22]

O 5 de maio de 2016, dedicáronlle formalmente as novas instalacións de investigación en informática Katherine G. Johnson no Centro de Investigacións de Langley en Hampton (Virxinia), en conmemoración do 55 aniversario do lanzamento de Alan Shepard, que foi posible grazas a Johnson.[23]

Vida privada[editar | editar a fonte]

En 1939 casou con James Francis Goble con quen tivo tres fillas: Constance, Joylette e Katherine. En 1956 James Goble morreu dun tumor cerebral inoperable. En 1959 casou co Tenente Coronel James A. Johnson e continuou a súa carreira na NASA. Participou no mesmo coro da Igrexa Presbiteriana de Carver durante 50 anos e foi membro da irmandade de mulleres Alpha Kappa Alpha.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2015, Medalla Presidencial da Liberdade[24]
  • 2010, Doutoramento Honorario en Ciencias da Universidade de Old Dominion, Norfolk, Virxinia
  • 2006, Doutoramento Honorario en Ciencias da Universidade Capitol, Laurel, Maryland[11][25]
  • 1999, Ex-alumnos máis destacados do ano da Universidade Estatal de Virxinia Occidental[11][26]
  • 1998, Doutoramento en Leis Honorario, da Universidade Estatal de Farmingdale[11][26]
  • 1986, NASA, Centro de Investigación Langley, Premio Especial ao Logro[27]
  • 1985, NASA, Centro de Investigación Langley, Premio Especial ao Logro[27]
  • 1984, NASA, Centro de Investigación Langley, Premio Especial ao Logro[27]
  • 1980, NASA, Centro de Investigación Langley, Premio Especial ao Logro[27]
  • 1971, NASA, Centro de Investigación Langley, Premio Especial ao Logro[27]
  • 1967, Premio ao Logro, Grupo Apollo. Este premio inclúe unha das trescentas bandeiras que voaron á Lúa a bordo do Apollo 11[11]
  • 1967, NASA, Premio ao equipo Lunar Orbiter Spacecraft and Operations polo traballo pioneiro no campo de problemas de navegación en apoio de cinco naves espaciais que orbitaron e cartografaron a Lúa en preparación do Proxecto Apollo[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shetterly, Margot Lee (2016). Hidden Figures: The American Dream and the Untold Story of the Black Women Mathematicians Who Helped Win the Space Race. Nova York: William Morrow. ISBN 9780062363596. 
  2. 2,0 2,1 "Katherine Johnson - Oral History". National Visionary Leadership Project. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Gale, Thomas (2005). "Johnson, Katherine Coleman Goble". Encyclopedia.com. Cengage Learning. Consultado o 15 de febreiro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gutman, David (26 de decembro de 2015). "West Virginian of the Year: Katherine G. Johnson". Charleston Gazette-Mail. Charleston Gazette-Mail. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  5. Gutman, David (16 de novembro de 2015). "WV native, NASA mathematician to receive Presidential Medal of Freedom". Charleston Gazette-Mail. Charleston Gazette-Mail. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  6. "Missouri ex rel. Gaines v. Canada 305 U.S. 337 (1938)". Justia US Supreme Court. 1938. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  7. "Katherine Johnson". Katherine Johnson - NasaCRgis. NASA. Consultado o 2 de agosto de 2015. 
  8. NASA (ed.). "Katherine Johnson:The Girl Who Loved to Count". Consultado o 1 de xuño de 2016. 
  9. Smith, Yvette (24 de novembro de 2015). "Katherine Johnson: The Girl Who Loved to Count". NASA. NASA. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  10. "Makers Profile: Katherine G. Johnson". Makers. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 “Oral History Archive: Katherine Johnson”, 2005, National Visionary Leadership Project.
  12. “Mop Top” the “Hip Hop” Scientist Celebrates African-Americans in the Sciences: Katherine G. Johnson, 2003
  13. Katherine G. Johnson, Human Computer
  14. “black history... katherine g johnson (1918 - retired)” Arquivado 21 de outubro de 2006 en Wayback Machine., UK-based Planet Science
  15. “Katherine G. Johnson: Physicist, Space Scientist, Mathematician” Oracle Think Quest Education Foundation Library
  16. Vivian Ovelton Sammons, Blacks In Science And Medicine, 1989 (Taylor & Francis), ISBN 0-89116-665-3
  17. “BLACK CONTRIBUTORS TO SCIENCE AND ENERGY TECHNOLOGY” 1979, anónimo, Departamento de Enerxía dos Estados Unidos. Government Printing Office (ERIC documento electrónico)
  18. “BLACK CONTRIBUTORS TO SCIENCE AND ENERGY TECHNOLOGY” 1979, anónimo, Departamento de Enerxía dos Estados Unidos. Government Printing Office (imaxes escaneadas a man)
  19. Ford, Knatokie (30 de novembro de 2015). "Honoring NASA's Katherine Johnson, STEM Pioneer". Blog, The White House. The White House. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  20. "Hidden Figures (2017)". Consultado o 8 de abril de 2016. 
  21. "Katherine Johnson, matemática de la NASA, vivió un momento de Oscar con el reparto de 'Figuras Ocultas'" (en castelán). 9 de maio de 2017. 
  22. "Figuras ocultas: La NASA, asesora de Hollywood" (en castelán). 9 de maio de 2017. 
  23. "NASA Dedicates Facility to Mathematician, Presidential Medal Winner" (en inglés). 28 de abril de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  24. Phil Helsel - "Obama honoring Spielberg, Streisand and more with medal of freedom," NBC News, 24 de novembro de 2015
  25. Live, Learn, Pursue Passion - NASA Mathematician preps Class of 2006 to find its mission, Capitol Chronicle, verán de 2006, Capitol College (12 páxinas, PDF)
  26. 26,0 26,1 "Rexistro de afroamericanos, 26 de agosto, Katherine G. Johnson". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2009. Consultado o 07 de febreiro de 2018. 
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 27,4 Comunicación persoal, 2009, NASA

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]