Katherine Blodgett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Katherine Blodgett
Katharine Burr Blodgett (1898-1979), demonstrating equipment in lab.jpg
Nacemento10 de xaneiro de 1898
 Schenectady
Falecemento12 de outubro de 1979
 Schenectady
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Cambridge, Universidade de Chicago e Bryn Mawr College
Ocupaciónfísica, inventora e química
PremiosMedalha Garvan–Olin, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Honorary doctor of the Brown University e Fellow of the American Physical Society
editar datos en Wikidata ]

Katharine Burr Blodgett, nada en Schenectady, Nova York, o 10 de xaneiro de 1898 e finada na mesma cidade o 12 de outubro de 1979, foi unha física e inventora estadounidense, pioneira en enxeñaría e química de superficies, e a primeira muller doutora en Física pola Universidade de Cambridge en 1926.[1][2] Despois de recibir o seu título de máster foi contratada por General Electric, sendo a primeira muller que traballou no laboratorio de Schenectady, onde desenvolveu unha gran carreira científica.[3][4]

Ao longo da súa carreira obtivo varias patentes, sendo coñecida principalmente por idear o cristal non reflector. O seu invento utilízase agora en cámaras, telescopios, parabrisas, computadores e pantallas de televisión.[5]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Medalla Progress da Photographic Society of America, foi a primeira muller en recibilo.[1][4]
  • Achievement Award of the American Association of University Women.
  • Outstanding Woman of the Year. American Woman Magazine.
  • Medalla Garvan da American Chemical Society.
  • Doutoramentos honorarios: Elmira College, Western College, Brown University, Russell Sage College.
  • American Physical Society Fellow.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Katharine Burr Blodgett". Consultado o 10 de xaneiro de 2016. 
  2. Pintado Heredia, Raquel (2018-11-13). "Katharine Burr Blodgett (1898-1979)". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-03-22. 
  3. "Katherine Blodgett". Consultado o 11 de xaneiro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "Katharine B. Blodgett". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2016. 
  5. García-Junceda, Andrea (8 de febreiro de 2019). "Tribuna | Mujeres que diseñan el futuro". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 17 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]