Kateri Tekakwitha
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Nome orixinal | (en) Kateri Tetakwithas |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1656 Condado de Montgomery, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 17 de abril de 1680 (23/24 anos) Kahnawake, Canadá (pt) |
Lugar de sepultura | Kahnawake (pt) |
Grupo étnico | Mohawk, Pobo algonquino e Pobos indíxenas de América |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | relixiosa católica |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 17 de abril |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Tegakouita, Catharine) Obálky knih, Native American Women: A Biographical Dictionary |
Páxina web | kateritekakwitha.org |
Kateri Tekakwitha, nado en Ossessernon en 1656 e finado en Caughnawaga o 17 de abril de 1680, foi unha santa laica católica iroquesa; filla dun xefe mohawk e dunha india algonquina cristiá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Ossessrnon, o que hoxe é Auriesville, Nova York. O seu nome indíxena era Tekakwitha (que en iroqués significa "a que tropeza"), pero foi bautizada co nome de Kateri (en galego Catarina). No século XVII a orde das xesuítas tiñan misións entre os indios desde América do Norte até as rexións de Paraguai e a Arxentina. Dous destes xesuítas son os santos Isaac Jogues e Jean de Lalande, quen sufriron o martirio en mans dos indios en 1646 en Ossessrneon.
A súa nai, unha india algonquina, xa se convertera ao cristianismo cando foi raptada polos iroqueses e casada cun xefe mohawk pagán. Aos catro anos de idade, Catalina perdeu aos seus pais e ao seu irmán máis novo, durante unha epidemia de vexigas que se estendeu en Ossernenon, Tekakwitha sobreviviu pero quedou con cicatrices no rostro e problemas de visión.
Aos 20 anos foi bautizada por misioneiros xesuítas franceses. Kateri pronto tivo que sufrir pola súa fe grandes abusos e rexeitamento por parte de familiares e os outros indios. A persecución foi tal que en 1677 fuxiu da súa aldea, camiñando uns 320 km polo bosque até chegar a Sault Ste. Marie, unha vila cristiá preto de Montreal.
En 1679 tomou o voto de castidade, como na expresión católica da virxindade consagrada. Un ano máis tarde, o 17 de abril de 1680, Kateri morreu á idade de 24 anos en Caughnawaga, preto de Montreal, Quebec. As súas últimas palabras dise que foron "Xesús, ámote!"
Kateri caracterizouse pola súa piedade, a súa incansable vida penitente en favor do seu pobo aborixe e polo seu amor á Eucaristía. Despois da súa morte, Kateri empezou a ser moi venerada, especialmente no Canadá. Coñecida popularmente como "O lirio dos mohawks".
En 1943, foi declarada venerable polo papa Pío XII e beatificada o 22 de xuño de 1980 polo papa Xoán Paulo II. O 21 de outubro de 2012 foi proclamada santa polo papa Bieito XVI na Basílica de San Pedro.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kateri Tekakwitha |