Karl Gordon Henize
Karl Gordon Henize | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 17 de outubro de 1926 |
Lugar | Cincinnati |
Falecemento | 5 de outubro de 1993 |
Actividade | |
Misións | STS-51-F |
Tempo no espazo | 7,95 días |
[ editar datos en Wikidata ] |
Karl Gordon Henize, nado en Cincinnati (Ohio), o 17 de outubro de 1926 e finado o 5 de outubro de 1993, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-51-F.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Henize graduouse en matemáticas en 1947 e en astronomía en 1948 pola Universidade de Virxinia, con doutoramento en astronomía en 1954 pola Universidade de Míchigan.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA en agosto de 1967. Participou na misión STS-51-F, pasando un total de 7,95 días no espazo. Henize faleceu o 5 de outubro de 1993 durante unha expedición para escalar o Everest.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Henize, Karl Gordon" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (8 de outubro de 1993). "Former Astronaut Karl Henize Dies on Mt. Everest Expedition" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karl Gordon Henize ![]() |