Karine Kazinian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karine Kazinian
Nacemento8 de xaneiro de 1955
Lugar de nacementoIereván
Falecemento6 de decembro de 2012
Lugar de falecementoOs Ánxeles
NacionalidadeArmenia
Alma máterUniversidade Estatal de Erevã e Universidade Harvard
Ocupacióndiplomática e política
Paisen etiquetar
PremiosMkhitar Gosh Medal
editar datos en Wikidata ]

Karine Kazinian (née Kroyan) (armenio: Կարինե Լորիսի Ղազինյան (Կրոյան)), nada o 8 de xaneiro de 1955 e finada o 6 de decembro de 2012, foi embaixadora de Armenia no Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.

Asistiu e graduouse na Universidade Estatal de Iereván en 1977. Anteriormente, traballou nas embaixadas soviéticas en Portugal, África, e Romanía. De 1992 a 1994 traballou como profesora de inglés e portugués na Universidade de Iereván. Logo mudouse a Bucarest en Romanía co seu esposo, George Kazinian, onde fora designado como o primeiro embaixador de Armenia. En 1997, despois da morte do seu esposo, converteuse en encargada de negocios da embaixada de Armenia e logo, en 1999, en embaixadora do seu país en Romanía. En 2001 traballou como embaixadora de Armenia en Alemaña.

Karine foi nomeada Viceministra de Asuntos Exteriores de Armenia en 2009, e o 8 de setembro de 2011 converteuse en embaixadora no Reino Unido.[1]

Ademais do armenio, falaba inglés, ruso, alemán, romanés e portugués.

Karine gañou a Medalla Armenia de Mkhitar Gosh e a Orde da Gran Cruz Romanesa ao Mérito. Morreu en 2012 por complicacións dunha operación cirúrxica, deixando atrás unha filla e un fillo. Foi enterrada en Armenia.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ambassador of the Republic of Armenia to the UK Karine Kazinian passed away". Armenpress. Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  2. "Armenian ambassador to UK Karine Kazinian dies aged 57". Panorama Society. Consultado o 6 de decembro de 2012.