Kari Skjønsberg
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de xaneiro de 1926 Oslo |
| Morte | 6 de xaneiro de 2003 Oslo |
| Lugar de sepultura | Vestre gravlund |
| Presidente da Asociación Norueguesa para os Dereitos das Mulleres | |
| 1972 – 1978 ← Clara Ottesen (en) | |
| Actividade | |
| Ocupación | tradutora |
| Partido político | Partido dos Traballadores Noruegueses |
| Membro de | |
Kari Skjønsberg, nada o 17 de xaneiro de 1926 e finada o 6 de xaneiro de 2003, foi unha académica, escritora e feminista norueguesa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kari Skjønsberg naceu en Oslo (Noruega) o 17 de xaneiro de 1926. Durante a década de 1940, traballou no programa Lørdagsbarnetimen (lit. "A hora do sábado das crianzas"), da radio NRK. Nos 50, foi crítica literaria para o Arbeiderbladet e o Verdens Gang. Graduouse en 1953 cunha disertación sobre o desenvolvemento dos contos infantís en Noruega. Traballou como profesora asociada de Literatura Infantil na Statens bibliotekhøgskole (actual Universidade de Oslo e Akershus) entre 1968 e 1994. Así mesmo, presidiu a Asociación Norueguesa para os Dereitos das Mulleres entre 1972 e 1978. Escribiu varios libros sobre literatura infantil.[1]
O premio Kari Skjønsberg estableceuse en 1996 na súa honra, coa primeira edición outorgada ao ano seguinte. A intención do premio é promover a investigación sobre literatura infantil e xuvenil. É concedido anualmente polo Departamento de Xornalismo e Estudos de Biblioteconomía e Información da Universidade de Oslo e Akershus.[1][2]
Skjønsberg finou o 6 de xaneiro de 2003, e foi soterrada no cemiterio Vestre de Oslo.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Historie og samfunn: åtte artikler 1956-1991 (1995). ISBN 82-579-0049-4
- Kjønnsroller og leserroller: åtte artikler 1962-1992 (1995). ISBN 82-579-0048-6ISBN 82-579-0048-6
- 7 papers on children's literature 1985-1994: in English, Deutsch, Français (1995). ISBN 82-579-0050-8ISBN 82-579-0050-8
- Ti artikler om barne- og ungdomslitteratur 1973-1993 (1993).
- Hvor var kvinnene?: elleve kvinner om årene 1945-1960 (1979).
- Hvem forteller?: om adaptasjoner i barnelitteratur (1979). ISBN 82-10-01836-1ISBN 82-10-01836-1
- Fernanda Nissen (1978). ISBN 82-10-01595-8
- Kjønnsrollemønster i skandinaviske barne- og ungdomsbøker (1977). ISBN 87-01-51371-0ISBN 87-01-51371-0
- Camilla Collett (1976). ISBN 82-10-01175-8
- Gavnlige og morende Fortællinger for Børn: Et utvalg av eldre norsk barnelitteratur (1974). ISBN 82-03-05296-7ISBN 82-03-05296-7
- Mannssamfunnet midt imot. Norsk kvinnesaksdebatt gjennom tre «mannsaldre» (1974). ISBN 82-05-06262-5
- Kjønnsroller, miljø og sosial lagdeling i barnelitteraturen (1972). ISBN 82-00-08839-1
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 Arneberg 2023.
- ↑ Arneberg 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arneberg, Sofie (2023). "Kari Skjønsberg". Store Norske Leksikon (en noruegués). Consultado o 25/03/2025.
- Arneberg, Sofie (2024). "Kari Skjønsberg-prisen". Store Norske Leksikon (en noruegués). Consultado o 25/03/2025.