Karen Horney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Karen Horney
Freudhorney (cropped).jpg
Nacemento16 de setembro de 1885
Lugar de nacementoBlankenese
Falecemento4 de decembro de 1952
Lugar de falecementoNova York
SoterradaFerncliff Cemetery
NacionalidadeAlemaña e Estados Unidos de América
EtniaPobo alemán
Alma máterUniversidade de Freiburg im Breisgau, Universidade Humboldt de Berlín e Universidade de Gotinga
Ocupaciónpsiquiatra e psicanalista
FillosBrigitte Horney, Marianne Eckardt e Renate Horney, 1916-2009.
editar datos en Wikidata ]

Karen Horney (IPAc ˈhɔrnaɪ); nada Karen Danielsen, naceu en Blankenese (Alemaña) o 16 de setembro de 1885 e finou en Nova York (Estados Unidos) o 4 de decembro de 1952, foi unha psicóloga e psicanalista alemá nacionalizada estadounidense.[1] As súas teorías cuestionaron o pensamento de Sigmund Freud, como que as diferenzas psicolóxicas entre o home e a muller non son produto inherente da bioloxía humana senón que deben a súa orixe a diversos factores culturais e sociais. O seu pensamento está clasificado dentro do neofreudismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Karen era filla de Berndt Wackels Danielsen (1836-1910), capitán de mariña noruegués, e a súa segunda esposa Clothilde ("Sonni") van Ronzelen (1853-1911), case 20 anos máis nova que el. A familia, de relixión luterana e cun selo moi conservador imposto polo pai, residía na vila de Eilbeck, preto de Hamburgo. Alí creceu Karen cos seus pais, o seu irmán (nacido en 1882) e o catro fillos do anterior matrimonio de Berndt.[2]

Karen creceu nun ambiente familiar de grandes tensións. Clothilde, a nai de Karen, non amaba ao seu esposo e mesmo o desprezaba. Casou con el polo temor de non ter outra posibilidade, sentimento que imbuíu na súa filla.[3] Non obstante, a nai alentou a Karen para que estudase medicina, en contra da vontade do seu pai.. Entrou así no liceo de Hamburgo que recentemente autorizara o acceso de mozas. Tres anos despois mudouse Hamburgo para realizar os estudos previos de acceso á Universidade apoiada pola súa nai quen, para sufragar os gastos, alugou a novos estudantes algunhas habitacións da casa. En 1904 a nai de Karen separouse do seu esposo e pouco despois se trasladaron á cidade de Friburgo en cuxa universidade iniciou os estudos para a licenciatura en medicina con 21 anos de idade. Para completar os seus estudos de medicina viaxou ata Gotinga, onde viviu de maneira independente (xa sen a súa nai) durante unha tempada.

En 1909, contraeu matrimonio con Oskar Horney e estableceuse en Berlín. A nai de Karen vivía coa parella e o que gañaba o esposo de Karen constituía o financiamiento para o sustento familiar. Tiveron 3 fillas, nadas entre 1910 e 1916, e a familia instalouse na vila de Zehlendorf. Neste período faleceron os pais de Karen, Karen rematou a carreira en Berlín e comezou a asistir á Clínica Neuropsiquiátrica da Universidade, onde coñeceu a Karl Abraham.[4]

En 1910 Karl Abraham fundou a primeira Asociación Psicanalítica Alemá cun pequeno grupo no que se atopaba Horney. Karen, á vez que adquiría o seu adestramento psicanalítico, asistía á súa psicanálise persoal cunha frecuencia de seis sesións por semana con Abraham a causa de certas dificultades sexuais e un prolongado estado depresivo. Abraham atribuíu estes síntomas a que Karen sentíase atraída por homes fortes debido a fortes desexos incestuosos reprimidos que ela sentiría respecto do seu pai. Horney rexeitou esta interpretación e, ademáis de abandonar a análise, converteuse máis tarde nunha autora moi crítica da mesma.[5]

En febreiro de 1912 presentou un traballo sobre a educación sexual dos nenos e en 1914 defendeu a súa tese de doutoramento sobre o traumatismo físico como causa da psicose. En 1915, en plena guerra mundial, foi nomeada secretaria da Asociación Psicanalítica Alemá, con sede en Berlín.

En 1920 formou parte como analista didacta do entón recentemente creado Instituto Psicanalítico de Berlín xunto con Hanns Sachs. Este instituto foi o primeiro na historia da psicanálise que se adicou de maneira sistemática á formación de analistas sobre a base dos tres alicerces que tradicionalemente considéranse indispensables (e que até hoxe subsisten como norma) nos institutos das asociacións ou sociedades oficiais:

  • a psicanálise didáctica (que nas distintas escolas pode mostrar variantes que van desde o autoanálisis até o psicoanálsis regular, pero da propia persoa),
  • a formación teórica sistemática nos conceptos fundamentais da psicanálise e
  • a análise supervisada de casos clínicos.

En 1923, o negocio de Oskar Horney veuse abaixo e enfermou de meninxite. Tamén faleceu o mesmo ano o irmán de Karen a consecuencia dunha infección pulmonar.

En 1927 produciuse a ruptura con Oskar, aínda que o divorcio oficial non tería lugar até inicios de 1937. Neses anos, Karen e as súas tres fillas fóronse a vivir a un apartamento no que alugaban habitacións para sufragar os gastos familiares.

Obra e achegua teórica[editar | editar a fonte]

A pesares de que Karen chegou a ser unha muller soada durante a súa vida e non soamente polo seu papel nos inicios do movemento psicanalítico (por exemplo Abraham Maslow recoñeceuna, xunto a outros autores, como unha das fundadoras da psicoloxía humanista), tras a súa morte en 1952 as súas ideas foron relativamente ignoradas ou caeron no esquecemento por máis dunha década.[6] Con todo, esta situación sufriu un envorco en 1967 coa publicación de Psicoloxía Feminina, unha colección de ensaios escritos na primeira fase do seu pensamento (décadas de 1920 e 1930).

O tema feminino foi abandonado por Horney en 1935, ao arribar á conclusión de que o papel da cultura na formación da psique feminina, fai que sexa imposible determinar o que é claramente feminino. O coñecemento destes ensaios a finais dos anos 60, deu lugar a un recoñecemento crecente de Karen Horney como a primeira gran feminista psicanalista.

Pero ademais, proporcionou un modelo para as terapias, rexeitando o seu carácter autoritario por aquel entón vixente. En 1937 publicou A personalidade neurótica do noso tempo, obra que chegou a ser un auténtico best-seller. Desenvolve unha teoría sobre a orixe da angustia nas relacións temperás coas figuras parentales:[7]

Os seus conceptos influíron nalgunhas das descricións de trastornos da personalidade no Manual Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais (DSM- IV) (Washington, 1994 CC).[6] Ademais dun valor clínico, as súas teorías constitúen un sistema explicativo que se pode utilizar noutras disciplinas como a literatura e os estudos da cultura e o xénero. Tamén son aplicables á relixión e á filosofía.[8][9][10][11][12][13][12][14]

Primeira etapa[editar | editar a fonte]

A primeira fase da súa obra, a etapa psicanalítica propiamente tal, abarca até a súa partida a EE. UU. en 1932. Aínda que xogaba un papel chave no desenvolvemento teórico, pronto comezou a mostrar certas desconformidades co modelo psicanalítico clásico, coas teses de Freud, de Abraham e Deutsch. Mantivo, doutra banda, que a psicanálise é a creación dun xenio masculino, Sigmund Freud, e dunha maioría de discípulos igualmente homes, polo que era lóxico que só se desenvolvese unha psicoloxía desde a perspectiva fálica, que mesmo levou a estimar o clítoris como unha especie de pequeno pene, esquecendo completamente a vagina. Na sexualidade inhibida. unha contribución psicanalítica ao problema da frigidez (Horney, 1926-1927), trata esta desorde que ela mesma padeceu, chamando a atención sobre a definitiva influencia dos factores culturais, que evitaban que a muller se expandise e desenvolvese as súas posibilidades persoais e sexuais.

Finalmente, negou a relación entre sentimentos de inferioridade da muller cos atributos anatómico-xenitais, defendendo a súa orixe cultural e nos anos trinta, nunha publicación baixo o título da desconfianza entre os sexos (Horney, 1931), defendeu, entre outras cousas que, despois da primeira infancia, o home alimenta a imaxe dunha nai abnegada e sacrificada, que termina encarnando o ideal de muller que pode chegar a satisfacer todos os seus desexos e necesidades. Isto traería rapidamente consigo a envexa de ser nai, a que á súa vez se perde pronto porque a cultura na que se desenvolve o individuo mantén e alimenta a representación social de que a muller é inferior ao home (tal como tamén se recolle na teoría freudiana da envexa do pene).

Horney emigrou a Estados Unidos o 22 de setembro de 1932, só acompañada pola súa filla Renate, pois as outras dúas fillas xa eran independentes. Nacionalizouse norteamericana, convalidou os seus estudos médicos e empezou a publicar creándose un notable prestixio e obtendo elevados ingresos económicos na súa consulta privada.

Segunda etapa[editar | editar a fonte]

O despegamento do freudismo, que se estende desde 1932 a 1941, en Estados Unidos. Horney opúxose á orientación biologicista de Freud e revalorizou os descubrimentos sociolóxicos do mestre. En 1935 abandonou o tema da Psicoloxía feminina porque sentía que o papel da cultura na formación da psique feminina fai que sexa imposible determinar o que é claramente feminino. Nunha conferencia titulada "A muller é o medo de Acción" (1935), argumentou que só cando as mulleres liberáronse das concepcións da feminidade fomentada por culturas dominadas por homes, poderemos descubrir a forma en que realmente se diferencian dos homes psicoloxicamente. En maio de 1935, foi elixida membro da Asociación Psicanalítica de Nova York e analista didacta do Instituto Psicanalítico de tal sociedade.

En 1937 publicou A personalidade neurótica do noso tempo, que chegou a ser un auténtico best-seller. Nesta obra aparecen con claridade as súas novas ideas e as súas orixinais propostas terapéuticas. Destaca o valor cultural da neurosis e diminúe a importancia das causales biolóxicas instintivas nas que Freud puña máis énfase. Por esta razón considéranna parte integrante do grupo de psicanalistas culturalistas, xunto a Erich Frommy Harry Stack Sullivan, que teñen fundamentalmente en conta as relacións entre o home e a sociedade diminuíndo o valor da libido e das pulsións. Distanciouse dalgúns dos principios básicos de Sigmund Freud, rexeitando o seu concepto de envexa do pene e salientando a necesidade de axudar aos pacientes identificando e confrontando as causas específicas da angustia común, no canto de dar prioridade a focalización sobre os traumas da infancia e as fantasías. Fronte ao malestar da cultura de Freud (1930), Horney expuxo unha actitude optimista moi acorde coa mentalidade do pobo norteamericano, defendendo que o sufrimento psíquico humano era froito de conflitos entre o individuo e a sociedade, que os pais podían atenuar ou evitar se trataban adecuadamente aos seus fillos, grazas ao cal estes poderían desenvolver unha personalidade harmónica e ben adaptada. O argumento do libro era moi sinxelo: se falta calor por parte dos pais no contacto cos seus fillos, iso orixinará nestes frustración, intimidación e hostilidade. E se tal hostilidade se prohibe, terminará sendo reprimida, aínda que se mostrará en fantasías de dano persoal e en condutas sociais desaxustadas, todo o cal sería o berce da angustia básica.

As ideas de Horney íanse afastando cada vez máis do marco freudiano, polo que os membros do Instituto Psicanalítico de Nova York empezaron a marxinala, convidándoa a falar só de temas menores.

Ao final desta etapa renunciará ás institucións psicanalíticas, creando a súa propia institución, o chamado Instituto Norteamericano de Psicanálise.

Coa nova psicanálise (1939), o enfrontamento co modelo freudiano xa é total.[7] En todo caso, para Horney a neurosis era froito dunha angustia básica nada dunha inadecuada educación infantil dentro do seo familiar, onde a violencia parental era a clave explicativa esencial.

No marco terapéutico, Horney defende unha xenuína psicoterapia que esixe unha peculiar relación terapéutica onde se impliquen unha especie de actitude case-materno/paternal que facilitase a reconstrución do alterado "self".

A maior parte dos psicanalistas freudianos da época rexeitaron tales propostas teóricas e técnicas, torpedeando os ensinos institucionais de Horney.

En abril de 1941 decidiuse que Horney deixase de ser analista didacta e instrutora, pasando a mera conferenciante ocasional, cuestión que ocasionou a ruptura final.

Karen creou entón a Asociación para o Avance (Progreso) da Psicanálise (AAP), que non foi recoñecida pola Asociación Psicanalítica Americana (APA), a pesar de que formaban parte dela figuras como Erich Fromm, Harry S. Sullivan e Clara Thompson ou que asistisen a ditar cursos e conferencias Margaret Mead, Franz Alexander, Abram Kardiner, Abe Maslow e outras figuras do momento.

Terceira etapa[editar | editar a fonte]

O establecemento da súa propia doutrina, realízarao desde 1942 até o final da súa vida. As súas teorías están moi afastadas da psicanálise clásica, con claras influencias de Goldstein coa súa noción de organismo, de Smuts coa súa concepción holística, de Whitehead coa súa idea de proceso e de Bertalanffy co seu enfoque acerca dos sistemas, así como dos antropólogos Kardiner, Linton e Margaret Mead.

En 1942 vivía nunha nova casa, tendo como secretaria, enfermeira e amiga a Gertrude Lederer-Echardt, sogra da súa filla Marianne.

Cando mantiña unha relación amorosa con Fromm, ela publicou O autoanálisis e Fromm O medo á liberdade, que tivo maior éxito que a publicación de Karen.[cita [Cómpre referencia] Isto trouxo consigo celos e enfrontamentos mutuos, chegando Horney a exporlle a Fromm inconvenientes para exercer a súa docencia na AAP, xa que non era médico. Todo se complicou aínda máis coa decisión de Fromm de romper a relación amorosa con ela e pola ríxida actitude de Karen en variados temas. Por todo iso, en 1943, Fromm, Sullivan, Thompson, Silberberg e outros cinco membros máis deciden dimitir da AAP, o que coincidiu co distanciamento definitivo da súa filla Marianne.

O golpe foi duro non só persoal, senón tamén para o progreso da AAP, xa que por entón estábase tramitando o seu recoñecemento oficial por parte do Colexio Médico neoiorquino.

En 1944, Karen vaise de vacacións a Cuernavaca (México), onde por entón vivía a súa filla Renate Bolongaro-Crevenna (1916-2009). Alí escribiría outro libro, Os nosos conflitos interiores (Horney, 1945), cuxo título orixinal é o dunha teoría construtiva das neurosis, que representou o apoxeo da doutrina de Horney fronte ás ideas de Sigmund Freud, Helene Deutsch e Melanie Klein.

Volve insistir nesta obra en que a orixe da neurosis está na falta de afecto parental, o que xeraría unha serie de trazos caracteriales anómalos como produtos defensivos, facendo que se detivese o desenvolvemento normal das tendencias sociais sas.

As súas ideas alcanzan a culminación en Neurosis e madurez (Horney, 1950), obra onde o concepto de autorrealización da psicoloxía humanística supón o eixo central do argumento.

Por entón, namorouse dun novo candidato da AAP, que se analizou con ela, o que lle trouxo innumerables críticas.

Tras coñecer a Suzuki, que preconizaba un achegamento entre o budismo zen e a psicanálise, viaxa no verán de 1952 a Xapón, xunto á súa filla Brigitte que se divorciara e trasladara a Nova York en decembro de 1951. Ao regreso de Xapón, aínda que xa viña atopándose mal desde o ano anterior, diagnostícaselle un cancro e Karen Horney morre o 4 de decembro de 1952, tendo que interromper un curso que empezara a ditar o 15 de setembro dese ano no Instituto Americano de Psicanálise. Karen Horney, unha pioneira da ruptura co modelo freudiano para explicar a psicoloxía feminina e o desenvolvemento humano san e neurótico

Tras ser expulsada do New York Psychoanalytic Institute (Instituto de Psicanálise de Nova York) en 1941, organizou un novo grupo, a Association for the Advancement of Psychoanalysis (Asociación para o Desenvolvemento da Psicanálise). Entre as súas obras máis destacadas atópanse The Neurotic Personality of Our Time (A personalidade neurótica do noso tempo) (1937) e New Ways in Psychoanalysis (1939).

Karen Horney efectuou unha revisión sistemática dos conceptos freudianos ortodoxos. Criticou firmemente a orientación biolóxica freudiana sostendo que moitos fenómenos que Freud consideraba xenéticos eran, en realidade, produtos culturais. Foi a primeira en soster que o desexo de amor pode ter aspectos neuróticos. Foi a primeira en soster a necesidade de auténtico amor do neno pequeno demostrando a enorme importancia que a sensación de desamparo nos primeiros anos de vida ten para a elaboración dunha neurosis.[15]

Obras (selección)[editar | editar a fonte]

  • Horney, Karen (2003, 2017). El proceso terapéutico: ensayos y conferencias (Segunda ed.). Barcelona: Ediciones La Llave. ISBN 978-84-16145-33-1. 
  • Horney, Karen (1993). La personalidad neurótica de nuestro tiempo. Barcelona: Editorial Paidós. ISBN 978-84-7509-096-2. 
  • Horney, Karen (1980). Diario de una adolescente. New York, Basic Books. ISBN 978-04-6500-055-5. 
  • Horney, Karen (1945). Nuestros conflictos internos. Londres, Routledge. ISBN 978-04-1521-098-0. 
  • Horney, Karen (1939). Nuevos métodos en psicoanálisis. New York, W. W. Norton & company, inc. ISBN 978-03-9301-015-2. 
  • Horney, Karen. El autoanálisis. Buenos Aires, Psique. OCLC 760501973. 
  • Horney, Karen. La neurosis y el desarrollo humano; la lucha por la autorrealizacion. Buenos Aires, Editorial Psique. OCLC 29842532. 
  • Horney, Karen. Psicología femenina. Madrid, Alianza. ISBN 978-84-2061-648-3. 
  • Horney, Karen. El nuevo psicoanálisis. México, Fondo de cultura económica. ISBN 978-96-8160-100-3. 
  • Horney, Karen. Ultimas conferencias. Buenos Aires, Paidós. ISBN 978-95-0124-132-7. 
  • Horney, Karen. The unknown Karen Horney, essays on gender, culture, and psychoanalysis. New Haven, Yale University Press. ISBN 978-03-0008-042-1. 
  • Horney, Karen. Piensa usted psicoanalizarse?. Buenos Aires, Psique. OCLC 30327715. 
  • Horney, Karen. Nuevas perspectivas del psicoanálisis. Buenos Aires, Psique. OCLC 651239555. 
  • Horney, Karen. Nuestros conflictos interiores: una teoría constructiva sobre la neurosis. Buenos Aires, Editorial Psique. OCLC 2915105. 
  • Horney, Karen. Neurosis y madurez. Buenos Aires, Psique. OCLC 42519578. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Say How? A Pronunciation Guide to Names of Public Figures". loc.gov. Consultado o 7 de abril de 2010. 
  2. Roudinesco, Elisabeth; Plon, Michel (2008). Diccionario de Psicoanálisis [Dicionario da Psicanálise]. Tradución de Jorge Piatigorsky e Gabriela Villalba. Buenos Aires: Paidós. p. 498-499. ISBN 978-950-12-7399-1. 
  3. Ibídem
  4. Roudinesco. Op. cit. p. 499
  5. Roudinesco. Op. cit. pp. 499-500
  6. 6,0 6,1 Paris, Bernard J. "Breve resumen de Karen Horney". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2012. Consultado o 13 de xuño de 2012. 
  7. 7,0 7,1 Vallejo Orellana, Reyes. "Karen Horney, una pionera de la ruptura con el modelo freudiano para explicar la psicología femenina y el desarrollo humano sano y neurótico" [Karen Horney, unha pioneira da ruptura co modelo freudiano para explicar a psicoloxía feminina e o desenvolvemento humano san e neurótico]. 
  8. Zabriskie, 1976
  9. Wood, 1980
  10. Rubin, 1980
  11. Huffman 1982
  12. 12,0 12,1 París, 1986
  13. Tigner, 1985
  14. Mullin, 1988
  15. Mandolini Guardo, Ricardo (1965). Historia general del psicoanálisis de Freud a Fromm, pág. 402. Buenos Aires, editorial Ciordia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]