Karen Nyberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Karen Nyberg
Karen nyberg v2.jpg e Karen Nyberg STS124 - 2008June07 (NASA S124-e007134).jpg
Datos persoais
Nacemento7 de outubro de 1969
LugarParkers Prairie
CónxuxeDouglas G. Hurley
Actividade
MisiónsSTS-124, Expedición 37, Expedición 36 e Soiuz TMA-09M
Tempo no espazo180,02 días
PremiosMedalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

Karen LuJean Nyberg, nada en Parkers Prairie, Minnesota, o 7 de outubro de 1969, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-124 e Soiuz TMA-09M e foi membro das expedicións 37 e 36 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nyberg graduouse en enxeñaría mecánica na Universidade de Dacota do Norte en 1994 e é máster na mesma materia pola Universidade de Texas en Austin en 1996. Ten un doutoramento en enxeñaría mecánica por esta última universidade en 1998.[1][2]

Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xullo de 2000, participando nas misións STS-124 e Soiuz TMA-09M e sendo membro das expedicións 36 e 37 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 180,02 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Nyberg, Karen Lujean" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (4 de agosto de 2017). "Karen L. Nyberg (PH.D.) NASA Astronaut" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]