Saltar ao contido

Karel Kramář

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKarel Kramář

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1860 Editar o valor en Wikidata
Vysoké nad Jizerou Editar o valor en Wikidata
Morte26 de maio de 1937 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Praga Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of the Dormition (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prime Minister of Czechoslovakia (en) Traducir
14 de novembro de 1918 – 8 de xullo de 1919
← sen valor – Vlastimil Tusar →
Member of the Bohemian Diet (en) Traducir
Member of Abgeordnetenhaus (en) Traducir
Parlamentario
Member of the Revolutionary National Assembly of Czechoslovakia (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónFaculty of Law, Charles University in Prague (en) Traducir
Instituto de Estudos Políticos de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena
Praga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xefe de goberno, xurista, preso político, parlamentario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoYoung Czech Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNaděžda Kramářová Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Nordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Крамарж Карел) Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 29579797 Editar o valor en Wikidata

Karel Kramář, nado en Hochstadt o 27 de decembro de 1860 e finado en Praga o 26 de maio de 1937, foi un político checo, primeiro xefe de goberno da República Checoslovaca nacida da desintegración do Imperio Austrohúngaro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Hochstadt,[nota 1] Bohemia, o 27 de decembro de 1860.[1] Os mandos militares austrohúngaros detivérono sen autoridade para iso o 21 de maio de 1915, acusándoo de alta traizón por manter contactos co cónsul italiano en Praga, sen concertar a acción coas autoridades civís.[2] Kramář era daquela deputado do Consello Imperial e amigo do primeiro ministro cisleitano Karl von Stürgkh, e a manobra dos militares foi tanto un ataque contra este como un intento de castigo exemplarizante contra os nacionalistas checos, de cuxa lealdade ao emperador dubidaban os altos mandos.[3]

Diversas personalidades políticas ilustres declararon en favor de Kramář no xuízo, que concluíu en xuño de 1916 coa súa condena a morte polos xuíces militares.[4] Foi un dos milleiros de beneficiarios da amnistía aos presos políticos proclamada polo novo emperador Carlos o 2 de xullo de 1917.[5]

Case ao final da contenda, o 13 de xullo de 1918, foi nomeado presidente do novo Consello Nacional Checo, plasmación da ruptura entre os checos, cuxos partidos ingresaron nel segundo os seus resultados electorais de 1911, e a Coroa.[6] O Consello Nacional tiña por meta asumir o poder cando se proclamase o novo Estado checoslovaco.[6]

Foi xefe de goberno da Primeira República Checoslovaca entre o 14 de novembro de 1918 e o 8 de xullo de 1919.[7] Faleceu o 26 de maio de 1937 en Praga.[1]

  1. ↑ Localidade denominada na actualidade Vysoké nad Jizerou.
Referencias
  1. 1 2 Robinson (2005), p. 650.
  2. ↑ Bled (2014), p. 164.
  3. ↑ Bled (2014), p. 165.
  4. ↑ Bled (2014), pp. 165, 231.
  5. ↑ Bled (2014), pp. 310-311.
  6. 1 2 Bled (2014), p. 393.
  7. ↑ Kovář (2011), p. 76.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]