Kapila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kapila
Kapila muni.jpg
Nacementoséculo V a. C.xuliano
RelixiónHinduísmo
Ocupaciónfilósofo
IrmánsAnasuya
editar datos en Wikidata ]

Kapila (en sánscrito: कपिल) é o nome dado a varias personaxes en textos antigos e medievais, dos que o máis coñecido é o fundador da escola Samkhya de filosofía hindú.[1][2] Kapila de Samkhya está considerado un sabio védico,[2][3] que se estima que viviu no século VI[4] ou VII a.C..[5]

Rishi Kapila está recoñecido como o autor do influente Samkhya-sutra, en que os sutras aforísticos presentan a filosofía dualista da Samkhya.[6] A influencia de Kapila sobre Buda e o budismo é obxecto de estudos académicos.[7][8]

Moitas personalidades históricas do hinduísmo e o xainismo, figuras míticas, lugares de peregrinación e mesmo unha antiga variedade de vacas levan o nome de Kapila.[5][9][10]

Estatua de Kapila Maharshi, Nashik

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O nome Kapila aparece en moitos textos, e parece claro que se refire a persoas diferentes.[11][12] A referencia máis célebre é ao sabio Kapila e o seu alumno Āsuri, que na tradición india están considerados os primeiros mestres da escola Samkhya da filosofía hindú. Aínda que é anterior a Buda, non está claro en que século viviu; algúns suxiren que no século VI a.C.[4] Outros sitúano no século VII a.C.[11][13] Isto localízao no final do período védico (1500 a 500 a.C.), e el mesmo foi chamado sabio védico.[2][3]

Kapila está considerado o autor dunha sutra influente chamada Samkhya-sutra ou Kapila-sutra, que presenta mediante aforismos a filosofía dualista da Samkhya.[6][14] Estas sutras foron explicadas noutro texto do hinduísmo ben estudado chamado Samkhyakarika.[11] Ademais de nas teorías da Samkhya, apare en moitos diálogos de textos hindús, como na explicación e deensa do principio da Ahimsa (non violencia) no Mahabharata.[1]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Kapila, o fundador da Samkhya, foi moi reverenciado por varias escolas de filosofía hindú. Gaudapada (~500 a.C.), un estudoso da Advaita Vedanta, na súa Bhasya chamou a Kapila un dos sete grandes sabios, xunto con Sanaka, Sananda, Sanatana, Asuri, Vodhu e Pancasikha.[15] Vyasa, o estudoso do ioga, no seu Yogasutra-bhasya escribiu que Kapila era "o principal sabio, ou coñecedor".[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Dhand, Arti (2009). Woman as Fire, Woman as Sage. State University of New York Press. pp. 41–42. ISBN 978-0-7914-7988-9. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Editors of Encyclopædia Britannica (1998). The New Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica. p. 731. ISBN 978-0-85229-633-2. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2016. , Cita: "Kapila (fl. 550 BC), Vedic sage and founder of the system of Samkhya, one of the six schools of Vedic philosophy."
  3. 3,0 3,1 Jackson-Laufer, Guida Myrl (1994). Traditional Epics: A Literary Companion. Oxford University Press. p. 321. ISBN 978-0-19-510276-5. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2016. Consultado o 11 de outubro de 2016. , Cita: "Kapila was a Vedic sage (ca. 550 B.C.) and founder of the Samkhya school of Vedic philosophy.";
    Haldane, John; Dronamraju, Krishna (2009). What I Require From Life. Oxford University Press. p. 225. ISBN 978-0-19-923770-8. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Kapila Arquivado 16 de novembro de 2015 en Wayback Machine. Encyclopædia Britannica (2014)
  5. 5,0 5,1 Lochtefeld, James G. (2002). The Illustrated Encyclopedia of Hinduism: A-M. The Rosen Publishing Group. p. 350. ISBN 978-0-8239-3179-8. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 Kapila (James Robert Ballantyne, Translator, 1865), The Sāmkhya aphorisms of Kapila en Google Books., pages 156–157
  7. Max Muller et al. (1999 Reprint), Studies in Buddhism, Asian Educational Services, ISBN 81-206-1226-4, páxinas 9–10
  8. W. Woodhill Rockhill (2000 Reprint), The Life of the Buddha and the Early History of His Order, Routledge, ISBN 978-1-136-37937-6, páxinas 11–19
  9. Jacobsen, Knut A. (2013). Pilgrimage in the Hindu Tradition: Salvific Space. Routledge. pp. 114–115. ISBN 978-0-415-59038-9. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de outubro de 2016. 
  10. Hemacandra; R. C. C. Fynes (tradutor) (1998). The Lives of the Jain Elders. Oxford University Press. pp. 144–146, Canto Seven, verses 1–19. ISBN 978-0-19-283227-6. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de outubro de 2016. 
  11. 11,0 11,1 11,2 PT Raju (1985), Structural Depths of Indian Thought, State University of New York Press, ISBN 978-0-88706-139-4, páxina 304
  12. Burley, M. (2009). "Kapila: Founder of Samkhya and Avatara of Visnu (with a Translation of Kapilasurisamvada). By Knut A. Jacobsen.". The Journal of Hindu Studies (Oxford University Press) 2 (2): 244–246. doi:10.1093/jhs/hip013. 
  13. Herman, A. L. (1983). An Introduction to Buddhist Thought: A Philosophic History of Indian Buddhism. University Press of America. p. 178. ISBN 978-0-8191-3595-7. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2016. 
  14. Max Muller et al. (1999 Reprint), Studies in Buddhism, Asian Educational Services, ISBN 81-206-1226-4, páxina 10 con nota ao pé
  15. 15,0 15,1 Larson, Gerald James; =Potter, Karl H.; Bhattacharya, Ram Shankar (1987). The Encyclopedia of Indian Philosophies: Sāṃkhya, Volume 4 of The Encyclopedia of Indian Philosophies. Princeton University Press, (Reprint: Motilal Banarsidass). p. 108. ISBN 978-0-691-60441-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]