Kanto - 関東地方

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rexión de Kanto, no Xapón

A rexión de Kanto (関東地方 かんとうちほう, Kantō-chihō) é unha área xeográfica da illa de Honshū – a maior illa do Xapón. Os seus limites territoriais son practicamente os mesmos da Chaira de Kanto.

Etimoloxía e características[editar | editar a fonte]

O nome refírese, xeralmente, á rexión leste (東) do posto de control de Hakone (関所). (O nome Kanto significa literalmente "Leste da Barreira," e refírese aos postos de control (barreiras) que se erixiron durante o Período Tokugawa na estrada Tokaido que ligaba Edo a Quioto.

A rexión consta de sete prefecturas: Gunma, Tochigi, Ibaraki, Saitama, Toquio, Chiba, e Kanagawa.

A Chaira[editar | editar a fonte]

A Chaira de Kanto é unha rexión sensibelmente cha onde se insire a cidade de Toquio. É a maior chaira do Xapón e xa foi, durante o período Edo a rexión agrícola máis próspera do país. Nesa época, os señores feudais desta chaira detiñan un poder considerábel grazas á fertilidade da terra.

A proposta de invasión do Xapón polos aliados durante a Segunda Guerra Mundial, e que ficou coñecida por Operación Coronet, inserida na Operación Downfall, prevía que a chaira de Kanto fose o lugar de desembarque das tropas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]