Saltar ao contido

Kamov Ka-31

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kamov Ka-31
FabricanteKamov
Primeiro voo1987
Introducido1995
Produción1985-presente
Unidades construídasmáis de 35

O Kamov Ka-31 (disignación OTAN 'Helix') é un helicóptero militar desenvolvido para a Armada Soviética e no presente en servizo en Rusia, a China e a India na función naval de alerta temperá e control aerotransportado.

Como todos os helicópteros Kamov, agás a familia Ka-60/62, o Ka-31 ten rotores principais coaxiais contrarrotatorios. A célula do Ka-31 está baseada na do Kamov Ka-27. Unha característica distintiva do Ka-31 é a grande antena do radar de alerta temperá, que ou está xirando ou está plegado e gardado baixo a fuselaxe. Outra característica distintiva é a redución do voluminoso conxunto sensorial electro-óptico debaixo da cabina. O tren de aterraxe retráese para evitar interferencias co radar.