Concello de Kalix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kalix (municipio)»)
Modelo:Xeografía políticaConcello de Kalix
Kalix kommun (sv) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 65°51′00″N 23°10′00″L / 65.85, 23.166666666667Coordenadas: 65°51′00″N 23°10′00″L / 65.85, 23.166666666667
EstadoSuecia
CondadoCondado de Norrbotten Editar o valor em Wikidata
CapitalKalix (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación15.547 (2023) Editar o valor em Wikidata (4,18 hab./km²)
Lingua oficiallingua sueca
lingua finesa
meänkieli Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie3.715,65 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Kalix Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor em WikidataBengt Söderholm (en) Traducir (1971–1985)
Bernt Sturk (en) Traducir (1987–1997)
Martin Lång (en) Traducir (1997–1998)
Peter Eriksson (1999–2004)
Kenneth Sandberg (en) Traducir (2004–2006)
Robert Forsberg (en) Traducir (2007–2010)
Ellinor Söderlund (en) Traducir (2011–2016)
Tommy Nilsson (en) Traducir (2016–2022) Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webkalix.se Editar o valor em Wikidata
Facebook: kalixkommun Twitter: kalixkommun Instagram: kalixkommun LinkedIn: kalix-kommun Youtube: UC1p925F8bsh4o7oyfBh46Kg Editar o valor em Wikidata

Kalix é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] A súa capital é Kalix. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 15 777 habitantes.[2]

Situado xunto ao golfo de Botnia, o municipio componse principalmente de terra de morena, que nalgunhas zonas é de bloques grandes. A morena está cuberta de bosque, aínda que nalgunhas partes foi talado.

No pasado a economía do concello estaba dominada pola industria forestal e de serradoiros, pero recentemente desenvolveuse , a industria electrónica e de enxeñería, así como de empresas de servizos de telecomunicacións.

A tendencia de poboación foi positiva ata principios dos anos 80, pero posteriormente volveuse negativa, e o concello perdeu case 4.000 habitantes dende entón. O concello ten unha longa tradición de gobernos de esquerdas.

Administración histórica[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa da parroquia de Nederkalix, onde se fundou o municipio rural de Nederkalix co reforma municipal de 1862.

A localidade municipal de Kalix estableceuse o 8 de abril de 1910 e disolveuse o 31 de decembro de 1962. O muncipio rural de Töre fundouse en 1924 como unha escisión.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, e tampouco se viron afectados os condados de Västerbotten e Norrbotten.[3]

En 1967 a partir dos concellos rurais de Töre e Nederkalix naceu o concello rural de Kalix. O muncipio de Kalix fundouse coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do municipio rural.[4]

Dende a súa fundación o municipio pertende ao partido xudicial de Haparanda.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-13. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 30 juni 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 30 juni 2022". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-13. 
  3. "Folkräkningen 1950 del 1" (PDF). scb.se. Archived from the original on 29 de outubro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2022. 
  4. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  5. "Domsagohistorik - Haparanda tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 13 de setembro de 2022.