Kalasy pad siarpom tvaim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kalasy pad siarpom tvaim
Autor/aUladzimir Karatkievič
LinguaLingua belarusa
Xénero(s)novela histórica
EditorialPolymia
Data de pub.1965
editar datos en Wikidata ]

Kalasy pad siarpom tvaim (literalmente: Espigas baixo a túa fouce) é unha novela histórica en lingua belarusa de Uladzimir Karatkievič que se publicou pola primeira volta nos números 2-6 da revista Polimia en 1965 e que saíu do prelo en forma de libro en 1968 en Minsk. Escrita entre 1962 e 1965 o autor pensaba nunha triloxía[1], cunha primeira parte centrada nas vésperas da insurrección de xaneiro, a segunda na rebelión (1863-1864) e a terceira na derrota. Pero ao se publicar o primeiro libro dividiuse en dous. A obra ábrese cunha dedicatoria á súa nai como símbolo de todas as nais belarusas e unha epígrafe bíblica de Mateo. Do segundo libro só escribiu dous capítulos que se publicaron de forma póstuma en 1989 en Polimia e empeza cun epígrafe coa epístola de Paulo aos efesios. A novela traduciuse ao ucraíno e ao ruso [2].

Características artísticas[editar | editar a fonte]

A novela describe a formación da nación belarusa, que representa por medio de tres xeracións da familia nobre Zagorski. O personaxe principal é Alés Zagorsky, que aparece trazado na súa etapa de formación e desenvolvemento, entre os 14 e os 20 anos. Tamén se describen familias nobres de Raŭbichov e Kliejn, os terratenentes Krojer, Tarkaila e outros, a familia campesiña de Kohut, os rebeldes Chorny Bojna e Korczak, e os amigos do instituto de Vilna e da Universidade de San Petersburgo de Alés: Kastuś e Victor Kalinoŭski, Usiaslaŭ Hryma e Mscislaŭ Majeŭski. Dos personaxes históricos están presentes, ademais de Kastuś Kalinoŭski, Izmail Sraznevsky, Taras Schevchenko e Piotr Valuyev, e tamén aparece como acontecemetno histórico a abolición da servidume. A historia preséntase por orde cronolóxica con poucas rupturas temporais e na composición da novela hai tres fragmentos de carácter metanarrativo e poemas que conforman o protagonista principal.

Na novela hai abondosas descricións de ritos, costumes e moito material folclórico belaruso, en particular a lenda do poldro branco convértese nunha clave simbólica da obra.

Notas[editar | editar a fonte]