Kajsa Ekis Ekman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKajsa Ekis Ekman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Anna Kajsa Helena Langemar Ekman Editar o valor em Wikidata
25 de xullo de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Maria Magdalena parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca, lingua castelá, lingua inglesa e lingua grega Editar o valor em Wikidata
Participou en
2015Freedom Flotilla III (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: Kajsa-Ekis-Ekman-268001276604340 Editar o valor em Wikidata

Kajsa "Ekis" Ekman, nada en 1980, é unha xornalista, escritora e activista sueca. É autora de varios traballos sobre a crise financeira, os dereitos das mulleres, e a crítica do capitalismo. Escribe para o diario sueco Dagens Nyheter e é columnista op-ed no diario de esquerda ETC.[1] Tamén escribe para The Guardian, TruthDig e Feminist Current.

Libros[editar | editar a fonte]

O seu libro Being and Being Bought (en galego, Ser e ser comprado) compara a industria de sexo e a de xestación por substitución e como ambas as dúas mercantilizan o corpo das mulleres.[2] Critica a idea do «traballo do sexo» por ser unha alianza infame entre a dereita neoliberal e a esquerda posmoderna utilizada para lexitimar a industria do sexo. Tamén denuncia que os "sindicatos para traballadores do sexo" en moitos casos están financiados por proxenetas, estados, e académicos, e teñen moi pouco que ver coa loita dos traballadores. O libro foi traducido a francés, inglés, español e alemán.

O seu libro Stolen Spring («Primavera roubada») describe a crise do euro vista desde Atenas e a forma na que afectou á economía grega.[3] Ekman critica a visión de que a crise fose causada polos traballadores gregos e atribúea a cambios no capitalismo. Concedéuselle o premio «Sueco-Grego do Ano» 2016 pola súa solidariedade con Grecia.[4]

Ekman foi unha das relatoras principais no Festival of Dangerous Ideas (en galego, Festival de Ideas Perigosas) de 2014.

Na súa charla Ted, «Todo o mundo fala sobre o Capitalismo, mais que é?», fala sobre mercado libre como ferramenta útil, mais describe o capitalismo como unha forza allea á moral, a responsabilidade, planificar sobre o clima, o país ou o mundo. Suxire a regulación do sector financeiro para evitar crises e propón a democracia en todos os sectores da sociedade, incluído no lugar de traballo.[5]

Participou na Frota da Liberdade a Gaza en 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kajsa Ekis Ekman at Lybrary.com". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2015. Consultado o 05 de setembro de 2018. 
  2. Ekman, Kajsa Ekis (2013). Being and Being Bought - Prostitution, Surrogacy and the Split Self.Melbourne: Spinifex Press.
  3. Ekman, Kajsa Ekis: Κλεμμένη Ανοιξη Athens: Kedros Publishers, 2014
  4. "Årets svensk-grek"
  5. "Everybody talks about capitalism, but what is it?"

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]