Saltar ao contido

Kaja Kallas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKaja Kallas

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Talín, Estonia Editar o valor en Wikidata
Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade
1 de decembro de 2024 –
← Josep Borrell
Primeiro ministro de Estonia
26 de xaneiro de 2021 – 22 de xullo de 2024
← Jüri RatasKristen Michal →
Deputado do Riigikogu
4 de abril de 2019 – 26 de xaneiro de 2021 (entrada no goberno)Timo Suslov →
Lexislatura: 14th Riigikogu (en) Traducir

Eurodeputada

1 de xullo de 2014 – 5 de setembro de 2018 – Igor Gräzin (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Estonia (en) Traducir

Deputado do Riigikogu
2 de xullo de 2012 – 18 de xuño de 2014 – Kalev Kallemets (en) Traducir →
Lexislatura: 12th Riigikogu (en) Traducir
Deputado do Riigikogu
27 de marzo de 2011 – 14 de novembro de 2011 (maternity leave (en) Traducir)Terje Trei →
Lexislatura: 12th Riigikogu (en) Traducir

Datos persoais
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEstonian Business School (en) Traducir (2007–2010)
Universidade de Tartu (1995–1999)
Tallinn English College (en) Traducir (1992–1995)
Tallinn Lilleküla Gymnasium (en) Traducir (1984–1992)
Lawrence University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Talín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, avogada, business undergraduate (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de tempoSéculo XXI Editar o valor en Wikidata
EmpregadorParlamento Europeo (2014–2018)
Riigikogu (2011–2014)
Estonian Business School (en) Traducir (2010–2014)
Borenius (en) Traducir (2006–2011)
Viru-Nigula wind farm (en) Traducir (2004–2010)
TGS Baltic (en) Traducir (1997–2006)
Vanemuine Theatre (en) Traducir (1996–1997)
TGS Baltic (en) Traducir (1995–1995) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Reformista de Estonia (2011–) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeArvo Hallik (2018–)
Taavi Veskimägi (2011–2014), divorcio
Roomet Leiger (2003–2006) Editar o valor en Wikidata
PaisSiim Kallas Editar o valor en Wikidata  e Kristi Kallas Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webkajakallas.ee Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm13353320 Facebook: kallaskaja Twitter: kajakallas Instagram: kajakallas WikiTree: Kallas-122 Editar o valor en Wikidata

Kaja Kallas (pronunciado kaia kallas en estoniano) nada o 18 de xuño de 1977 en Talín (RSS de Estonia, Unión Soviética) é unha política estoniana que exerceu como primeira ministra de Estonia de 2021 a 2024, ata o seu nomeamento como Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, e vicepresidenta da Comisión Europea, no gabinete presidido por Ursula von der Leyen.[1][2][3][4]

Kallas foi líder do Partido Reformista de Estonia de 2018 a 2024, membro do Riigikogu de 2011 a 2014 e de 2019 a 2021. Tamén foi deputada no Parlamento Europeo por Estonia de 2014 a 2018, e o segue sendo en 2025 pertencendo ao grupo da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa (ALDE).[5] Antes da súa elección para o Riigikogu, traballou como avogada especializada en dereito da competencia da Unión Europea.

Kaja Kallas licenciouse en Dereito en 1999 na Universidade de Tartu e completou os seus estudos de posgrao na Escola de Negocios de Estonia en 2007.[6] En novembro de 2018, Kallas publicou un libro, MEP: 4 aastat Euroopa Parlamendis[7] (MEP: Four Years in the European Parliament), no que describe a súa vida e traballo en Bruxelas de 2014 a 2018.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kaja Kallas é filla do ex primeiro ministro Siim Kallas, quen fora fundador[2][8] e antigo presidente do Partido Reformista de Estonia e comisario e exvicepresidente da Comisión Europea;[9] tamén foi o primeiro ministro que levou a cabo a entrada de Estonia na OTAN.[10]

Durante a denominada Operación Pribói (as deportacións soviéticas de Estonia), a súa nai, Kristi, de seis meses de idade naquel momento, foi deportada nun vagón de ferrocarril a Siberia, coa súa avoa e a visavoa acusadas de colaborar con Alemaña, e viviu alí ata os dez anos.[8] O bisavó de Kallas foi Eduard Alver[et], un dos fundadores da República de Estonia o 24 de febreiro de 1918 e o primeiro xefe da policía de Estonia desde 1918 ata o 24 de maio de 1919.[8] Tamén foi o xefe de Kytseliit, unha formación militar de voluntarios que, durante a guerra de independencia de Estonia se opuxera ao Exército Vermello.[10]

A ascendencia de Kallas é en parte letóa e alemá báltica, a través da súa familia paterna.[11]

Formación

[editar | editar a fonte]

Kaja Kallas ingresou en 1995 na Universidade de Tartu[8] e licenciouse en Dereito en 1999. É membro do Colexio de Avogados de Estonia desde 1999 e avogada desde 2002. En marzo de 2011, quedou inactiva no Colexio de Avogados de Estonia. Foi socia do bufete de avogados Luiga Mody Hääl Borenius e Tark & ​​​​Co e traballou como asesora executiva na Escola de Negocios de Estonia. Tamén foi membro da Alianza Antimonopolio Europea.[5] En 2007, comezou os seus estudos na Escola de Negocios de Estonia e obtivo un EMBA (Master of Business Administration) en economía en 2010.[8]

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Deputada do Riigikogu (2011-2014)

[editar | editar a fonte]
Kallas, elixida deputada en 2011.

No 2010, afiliose ao Partido Reformista de Estonia (en estoniano: Eesti Reformierakond).[10] No 2011, foi candidata ao Parlamento de Estonia (Riigikogu) polo distrito electora do condado de Harju e de Rapla., recibindo 7.157 votos[5] e resultou elixida para o XII Parlamento de Estonia. Entre 2011 e 2014, presidiu o Comité de Asuntos Económicos.

Deputada do Parlamento Europeo (2014-2018)

[editar | editar a fonte]

En 2014, presentouse nas eleccións ao Parlamento Europeo e foi nomeada eurodeputada ao conseguir 21.498 votos.[5] No Parlamento Europeo, Kallas formou parte da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía e foi suplente na Comisión de Mercado Interior e Protección do Consumidor. Foi Vicepresidenta da Delegación na Comisión de Cooperación Parlamentaria UE-Ucraína, así como membro da Delegación na Asemblea Parlamentaria Euronest e da Delegación para as Relacións cos Estados Unidos.[12]

Kaja Kallas nun debate de Euranet Plus (a principal cadea de radio de noticias da UE).

Ademais das súas tarefas de comisión, Kallas foi membro do Intergrupo do Parlamento Europeo sobre a Axenda Dixital e vicepresidenta do Intergrupo da Xuventude.[13][14] Durante o seu tempo no Parlamento, Kallas traballou na estratexia do mercado único dixital, as políticas enerxéticas e de consumo e as relacións con Ucraína. En particular, defendeu os dereitos das pequenas e medianas empresas (pemes), argumentando que as fronteiras no mundo dixital dificultan a aparición de empresas innovadoras. Foi unha defensora da innovación e enfatizou con frecuencia que as regulacións non podían nin debían obstaculizar a revolución tecnolóxica.[15]

Kallas foi a relatora en seis informes: un ditame sobre o chamado Regulamento de privacidade electrónica, normas de dereito civil sobre robótica e sobre o Informe anual sobre a política de competencia da UE,[16] sobre a realización dun novo acordo para os consumidores de enerxía, a lexislación sobre infraccións e sancións aduaneiras e o informe de propia iniciativa sobre o mercado único dixital.

Durante o seu tempo no Parlamento, tamén foi nomeada candidata a EYL40 (Programa de Líderes Xuvenís Europeos).[17] Ao final do seu mandato, a revista Politico citouna como unha das 40 eurodeputadas máis influentes e unha das mulleres máis poderosas de Bruxelas, e destacouna pola súa comprensión das cuestións tecnolóxicas.[18][19]

Líder do Partido Reformista de Estonia (2018-2021)

[editar | editar a fonte]

El 14 de abril de 2018, foi elixida líder do Partido Reformista de Estonia sendo a primeira muller estoniana líder dun partido.[20] Baixo o seu liderado, o partido foi o máis votado nas eleccións parlamentarias do 3 de marzo de 2019, co 29% dos votos.[21] Malia que a presidenta de Estonia, o 5 de abril, lle dá o encargo de formar goberno, non o conseguiu ao ser derrotada no Parlamento por 45 votos a prol dela, e 53 en contra.[22] O anterior primeiro ministro saínte, Jüri Ratas, do Partido do Centro, finalmente gañou a confianza do Parlamento e xurou despois de formar unha coalición con EKRE e Isamaa.[23] Segundo Kallas: "Gañou o ego masculino dos dirixentes centristas e conservadores. Preferiron aferrarse ás súas posicións, antes que respectar a súa promesa de non aliarse nunca co [partido de extrema dereita] EKRE".[24]

Primeira Ministra (2021-2024)

[editar | editar a fonte]
Retrato oficial de Kallas, 2021.

O 13 de xaneiro de 2021, Jüri Ratas anunciou a súa dimisión, xa que o Partido do Centro estaba implicado en sospeitas de corrupción vinculada ao seu financiamento e aos préstamos estatais concedidos a cambio. Daquela, o 14 de xaneiro de 2021, o presidente da República de Estonia, Kersti Kaljulaid, volveu a encargar a Kaja Kallas de formar goberno. O 25 de xaneiro de 2021, consegue a confianza do parlamento e formou un goberno de coalición liderado polo seu partido co Partido do Centro,[3][25] ao contar cos votos de 59 deputados dos dous partidos, mais tamén co apoio do Partido Socialdemócrata de Estonia (SDE), chegando aos 70 deputados. Na mañá do 26 de xaneiro, tomou posesión de primeira ministra tras unha cerimonia no patio do palacio presidencial, converténdose na primeira muller, na historia de Estonia, en ocupar este cargo.[20][26][27]

Primeiro goberno
[editar | editar a fonte]

En novembro de 2021, mentres desde o verán milleiros de migrantes, na súa maioría procedentes de Oriente Medio, tentaban cruzar as fronteiras de Belarús con Polonia, Letonia e Lituania, Kallas, reafirmou o seu apoio a Polonia nesta crise fronteiriza entre Belarús e a Unión Europea.[28]

Crise enerxética de 2021-2022
[editar | editar a fonte]

Durante o segundo semestre de 2021, a crise enerxética mundial de 2021-2022 tamén perturbou a economía de Estonia. Así, moitas empresas víronse obrigadas a pechar temporalmente, mentres que o cidadanía pedía axuda ao goberno polos elevados prezos da electricidade e da calefacción.[29] Kallas inicialmente resistiu ás chamadas de axuda do goberno, suxerindo que o goberno debería buscar solucións a longo prazo en lugar de repartir beneficios gobernamentais, e que un mercado libre non debería esixir unha intervención gobernamental consistente para manter á xente a flote.[30] Porén, a crise enerxética case provocou o colapso do goberno de coalición.[31] Kallas, nun discurso, afirmou que o alto custo do gas natural combinado coa crise ruso-ucraína estaba a facer subir os prezos da enerxía; e que as medidas de enerxía verde de Estonia limitaron o que o goberno podería facer para facer fronte á crise.[32] En xaneiro de 2022, Kallas anunciou un plan de 245 millóns de euros para reducir o custo da enerxía desde setembro de 2021 ata marzo de 2022.[32] A crise enerxética afectou a popularidade de Kallas en Estonia.[33]

O 3 de xuño de 2022, Kaja Kallas anunciou que pedira ao presidente Alar Karis que retirase dos seus cargos a todos os ministros do Partido do Centro pois consideraba que o acordo de coalición estaba "obsoleto". Fixera a solicitude despois de que o Partido do Centro de Estonia votase en liña co opositor Partido Popular Conservador de Estonia (EKRE) durante o debate sobre un proxecto de lei sobre educación. A seguir, o Partido Reformista propuxo abrir negociacións para un novo goberno de coalición con Isamaa (Patria) e o Partido Socialdemócrata.[34]

Segundo goberno e eleccións lexislativas de 2023
[editar | editar a fonte]

O 15 de xullo chegouse a un acordo de coalición entre o Partido Reformista, Isamaa (Patria) e o Partido Socialdemócrata (SDE).[4][35] Poucas días despois, Kaja Kallas recibiu a investidura dos votos de 52 deputados a favor, fronte a 26 en contra para formar o novo goberno de coalición.[36][37] O novo executivo estaba formado por catorce ministros, cinco para cada un dos dous novos socios dos liberais, e catro para estes últimos, ademais da xefatura do Goberno.[38] O 18 de xullo, o novo equipo ministerial tomou posesión e comezou a gobernar.[39]

Crise ruso-ucraína
[editar | editar a fonte]

Durante a crise ruso-ucraína, Kallas afirmou que o gasoduto Nord Stream 2 era "un proxecto xeopolítico, non económico" e pediu o peche do gasoduto. Tamén dixo que a dependencia de Europa do gas natural ruso era un problema político importante.

En xaneiro de 2022, Kallas comprometeuse a doar obuses a Ucraína para axudar á súa defensa contra unha posible invasión rusa, á espera da aprobación alemá, xa que os obuses foron comprados orixinalmente a Alemaña.[40][41] Cando Alemaña atrasou a resposta, Estonia despregou mísiles antitanque Javelin nas primeiras semanas de febreiro de 2022.[42] Tras o recoñecemento por parte de Rusia das repúblicas populares de Donetsk e Lugansk, Kallas esixiu que a Unión Europea establecese sancións contra Rusia.[43] Kallas foi eloxiada internamente polo seu liderado durante a crise entre Rusia e Ucraína.[44]

Tras a invasión rusa de Ucraína, que comezara o 24 de febreiro de 2022, Estonia, xunto con outros aliados, desencadeou o artigo 4 da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN).[45] Kallas prometeu apoiar a Ucraína con apoio político e subministracións militares, equipos e armas.[46] En abril de 2022, o 0,8% do PIB per cápita de Estonia, entregando máis equipos militares a Ucraína como proporción do PIB per cápita que calquera outro país do mundo.[47] Kallas foi eloxiada tanto en Estonia como internacionalmente e no estranxeiro como unha das principais voces pro-ucraínas na guerra,[48] e o xornal New Statesman alcumouna como a "Nova Dama de Ferro de Europa".[49] Tamén apoiou firmemente a admisión de Ucraína na Unión Europea, afirmando que había un "deber moral" de facelo.[50] Pouco despois, o seu nome apareceu entón entre os posibles candidatos ao posto de secretario xeral da OTAN.[51]

Eleccións lexislativas de 2023
[editar | editar a fonte]

O 6 de marzo de 2023, ao día seguinte das eleccións lexislativas, o partido de Kaja Kallas foi o máis votado co 31,24% dos votos, saíndo moi reforzado respecto a lexislatura anterior,[52][53][54] fronte ao 16,05% do Partido Popular Conservador de Estonia, de Martin Helme, e do 15,28% do Partido do Centro encabezado por Jüri Ratas. Eses foran os mellores resultados do Partido Reformista dende a súa creación en 1994.[55][56]

Terceiro goberno
[editar | editar a fonte]
Kallas con Pedro Sánchez durante a asistencia desta ao Consello Europeo e ó Cumio UE-Balcáns.

O 7 de marzo, o primeiro ministro convidou ao SDE (9 deputados) e ao partido liberal Eesti 200 (Estonia 200), con 14 deputados, a iniciar as negociacións para a formación dunha coalición[57] e conseguiu a formación de goberno con eles dous, o 17 de abril, sumando 60 dos 101 deputados do Riigikogu.[58]

Nesta lexislatura, aprobouse unha lei para a legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, votada o 20 de xuño de 2023 polo Parlamento, por 55 votos contra 34.[59][60]

A partir do 23 de agosto de 2023, viuse no centro dunha polémica, provocada polas revelacións da radio pública ERR relativas á empresa de transporte Stark Logistics, propiedade en parte do seu marido Arvo Hallik e que continuou as súas entregas a Rusia trala invasión de Ucraína o 24 de febreiro de 2022, a pesar das sancións contra ese país[61]. Kaja Kallas negouse a comparecer ante o Parlamento para responder ás preguntas dos deputados e, entón, a oposición reclamou a súa dimisión, acusándoa de debilitar a credibilidade do seu país.[51] Ao denunciar a "duplicidade" do primeiro ministro, o conservador Urmas Reinsalu, que foi o seu ministro de Asuntos Exteriores ata marzo de 2023, afirmou: "O líder dun goberno que carece de capital moral é tamén unha ameaza para a seguridade, debilitando a nosa credibilidade internacional sobre unha determinada política de sancións e o apoio continuo a Ucraína".[51]

O 13 de febreiro de 2024, o goberno ruso anunciou que a colocara nunha lista de buscados pola destrución de monumentos aos soldados soviéticos.[62]

As eleccións europeas de xuño de 2024 supuxeron unha derrota para o Partido Reformista, que quedou en terceira posición e perdeu o escano de eurodeputada. Porén, foi nomeada nova Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade polo que, Kallas, presentou a dimisión do seu goberno o 15 de xullo de 2024,[63] e seguiu xestionando os asuntos ata que foi nomeado o seu sucesor.[64] Finalmente, Kristen Michal, ministro de Clima e Medio Ambiente, foi nomeado polo Partido Reformista para substituíla e sucedeuna oficialmente como primeiro ministro o 23 de xullo[65][66] e, posteriormente, o 8 de setembro, tamén a sucedeu como presidente do Partido Reformista de Estonia.

Kallas presente no Encontro entre Ursula von der Leyen e J. D. Vance durante o Cumio de Acción de AI en París en 2025.
Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores
[editar | editar a fonte]

Aínda que durante un tempo, Kaja Kallas, soaba como candidata a nova secretaria xeral da OTAN,[67] o 27 de xuño de 2024, pouco despois das eleccións europeas, foi nomeada polo Consello Europeo para converterse na nova Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Membro e Vicepresidenta da Comisión Europea, converténdose na primeira persoa de Europa do Leste en ser nomeada para este cargo.[68][69] Foi confirmada polo Parlamento Europeo o 27 de novembro, e tomou posesión oficialmente o 1 de decembro de 2024 xunto cos demais membros da 2ª Comisión de von der Leyen.[70]

Segundo o xornal francés Le Monde, a súa estrea como xefa da diplomacia europea foi descrita como decepcionante polos diplomáticos nacionais e polo Servizo Europeo de Acción Exterior. Estes diplomáticos, citados de forma anónima polo diario, critícana por estar case exclusivamente preocupada polo tema ruso descoidando outras cuestións sensibles, e por unha falta de tacto que provocou o fracaso de varias das súas iniciativas, como o seu plan de establecer un réxime de sancións contra Xeorxia e de aumentar significativamente a axuda militar a Ucraína. Tamén se sinalou que se aliña coa linguaxe de Benjamin Netanyahu sobre a guerra entre Israel e Hamás en Gaza.[71]

Premios e Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Condecoracións

[editar | editar a fonte]

2021, Gran Cruz da Orde da Estrela de Romanía,[6][72]

2023, Orde de 2ª Clase do Príncipe Iaroslav o Sabio (Ucraína),[6]

2023, Gran Cruz de Comendador da Real Orde da Estrela Polar (Suecia),[6][73]

Outros premios

[editar | editar a fonte]
  • Premio ao Liderado Transatlántico de CEPA,[6]
  • Premio Europeo de Cultura Política,[6]
  • Premio Marion Dönhoff,[6]
  • Premio Jeane J. Kirkpatrick do Instituto Republicano Internacional,[6]
  • Premio L'Express Europe,[6]
  • Premio Europeo Liberal do Ano,[6]
  • 2022, Premio Grotius,[6][74]
  • 2022, Premio Internacional Hayek,[6][75]
  • 2023, Premio Muller no Poder (European Women in Power) polo European Movement International e polo European Women's Lobby,[76]
  • 2023, Premio Internacional Lord Byron,[6][77]
  • 2024, Premio Walther Rathenau.[6][78]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

De 2002 a 2006, Kallas estivo casado con Roomet Leiger. Dende 2011, viviu xunto co antigo ministro de Finanzas de Estonia e empresario Taavi Veskimägi e, o mesmo ano, tiveron un fillo. Separáronse en 2014[8]. En 2018 casou con Arvo Hallik, banqueiro e investidor. Hallik ten dous fillos dunha relación anterior.[79][80]

Ademais do seu estoniano nativo, Kallas domina inglés, finés, ruso e francés.[81] É coñecida por ler libros de historia, e é amiga dos historiadores Timothy Garton Ash e Timothy Snyder.[81]

  1. Tanner, Jari (15 de xullo de 2024). "Estonia's Prime Minister Kaja Kallas steps down to become EU's top diplomat". apnews.com (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  2. 2,0 2,1 AP/dpa (24 de xaneiro de 2021). "Estonia to get first female prime minister". dw.com (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  3. 3,0 3,1 Redacción (14 de febreiro de 2021). "Kaja Kallas é nomeada primeira-ministra da Estônia". correiobraziliense.com.br (en portugués). Consultado o 2021-08-27. 
  4. 4,0 4,1 Preussen, Wilhelmine (14 de xullo de 2022). "Estonian prime minister resigns, prepares to form new government". politico.eu (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Kaja Kallase Blogi". kajakallas.ee (en inglés). 16 de xullo de 2016. Consultado o 9 de abril de 2025. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 "Kaja Kallas". valitsus.ee (en estoniano). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  7. Kallas, Kaja. "MEP. 4 aastat Euroopa Parlamendis". goodreads.com (en estoniano). Editorial KAVA. ISBN 9789949730407. Consultado o 9 de abril de 2025. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Герасимчук, Сергій (21 de xaneiro de 2021). "Ще далі від Росії: що відомо про нову очільницю уряду Естонії". eurointegration.com.ua (en ucraíno). Consultado o 8 de abril de 2025. 
  9. Dobush, Gracia (4 de marzo de 2019). "Digital Savvy Estonia Is Set to Get Its First Female Prime Minister". fortune.com (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2025. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Cadenas, Julia F. (28 de xuño de 2024). "¿Quién es Kaja Kallas?". newtral.es (en castelán). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  11. Karnau, Andrus (20 de outubro de 2019). "Siim Kallas: eliidi raputamine on õige eesmärk". online.le.ee (en estoniano). Consultado o 8 de abril de 2025. 
  12. "Kaja KALLAS. 8ª Lexislatura". europarl.europa.eu (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  13. "European Parliament’s renewed Youth Intergroup meets for first time in new legislature". youthforum.org (en inglés). 5 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de abril de 2025. 
  14. "Digital Agenda Intergroup". digitalagendaintergroup.eu (en inglés). 8 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de abril de 2025. 
  15. "2015/2103 (INL). Civil law rules on robotics". oeil.secure.europarl.europa.eu (en inglés). 2015. Consultado o 10 de abril de 2025. 
  16. "2014/2158 (INI). Annual report on EU competition policy". oeil.secure.europarl.europa.eu (en inglés). 2014. Consultado o 10 de abril de 2025. 
  17. "European Young Leaders (EYL40) programme – Call for Nominations for the Class of 2018". em-a.eu (en inglés). 13 de xuño de 2017. Consultado o 10 de abril de 2025. 
  18. Hankewitz, Sten (14 de abril de 2019). "Politico lists Estonia’s Kaja Kallas as one of the most influential MEPs". estonianworld.com (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  19. Hankewitz, Sten (10 de novembro de 2017). "Estonian MEP Kaja Kallas named as one of the most powerful women in Brussels". estonianworld.com (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  20. 20,0 20,1 Vitureau, Marielle (27 de xuño de 2024). "L’Estonienne Kaja Kallas va piloter la diplomatie européenne". lefigaro.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  21. Redacción (3 de marzo de 2019). "Estonia election: Reform Party wins". dw.com (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  22. Vahtla, Aili (15 de abril de 2019). "Kaja Kallas not granted authority to form government". news.err.ee (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  23. Udrescu, Maria (19 de abril de 2019). "En Estonie, Juri Ratas reste au pouvoir, au prix d'une alliance avec l'extrême droite qui a le vent en poupe". lalibre.be (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  24. Hivert, Anne-Françoise (18 de decembro de 2019). "En Estonie, l’extrême droite défie le gouvernement de l’intérieur". lemonde.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  25. "Kaja Kallas to become Estonia's first female prime minister". euronews.com (en inglés). 24 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2021. Consultado o 9 de abril de 2025. 
  26. Hankewitz, Sten (26 de xaneiro de 2021). "Estonia becomes the only country in the world led by women". estonianworld.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 9 de abril de 2025. 
  27. Hivert, Anne-Françoise (26 de xaneiro de 2021). "Kaja Kallas, première femme chef du gouvernement en Estonie". lemonde.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  28. Wright, Helen (8 de novembro de 2021). "Kallas: Estonia stands with Poland over migrant border crisis". news.err.ee (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  29. Vaino, Robert (14 de decembro de 2021). "Entrepreneurs waiting for quick aid, long-term decisions in energy crisis". news.err.ee (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  30. Kallaste, Kristjan (6 de xaneiro de 2022). "Kallas: Energy market should operate without us needing to help people". news.err.ee (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  31. Vaino, Roberta (24 de xaneiro de 2025). "Feature: What does the future hold for Estonia's coalition?". news.err.ee (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  32. 32,0 32,1 "Peaminister Kaja Kallas esines Riigikogu ees poliitilise avaldusega seoses olukorraga elektriturul". riigikogu.ee (en estoniano). 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 9 de abril de 2025. 
  33. Wright, Helen (26 de xaneiro de 2022). "Support falling for Kaja Kallas as prime minister". news.err.ee (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  34. Louvigny, Adeline (3 de xuño de 2022). "Estonie : la coalition gouvernementale s'effondre". rtbf.be (en francés). Consultado o 10d e abril de 2025. 
  35. Turovski, Marcus (15 de xullo de 2022). "Photos: Reform, Isamaa and SDE sign coalition agreement". news.err.ee (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  36. Wright, Helen (15 de xullo de 2022). "Riigikogu grants Kallas mandate to form new government". news.err.ee (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  37. dpa/Reuters (18 de xullo de 2022). "New Estonian cabinet sworn into office". dw.com (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2025. 
  38. Wright, Helen (14 de xullo de 2022). "Who's who: Estonia's government July 2022-March 2023". news.err.ee (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  39. Wright, Helen; Vahtla, Aili (18 de xullo de 2022). "Estonia's new government takes office". news.err.ee (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  40. Wintour, Patrick (28 de xaneiro de 2022). "'Putin only understands strength': Estonian PM on Ukraine tensions". theguardian.com (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  41. Washington Post Live (2 de febreiro de 2022). "Transcript: World Stage: Crisis in Ukraine with Estonia Prime Minister Kaja Kallas". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  42. Whyte, Andrew (18 de febreiro de 2022). "First batch of Estonia-donated Javelin missiles arrive in Ukraine". news.err.ee (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  43. Wright, Helen (21 de febreiro de 2025). "Kallas: Recognition of Ukraine's breakaway republics a 'serious escalation'". news.err.ee (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  44. Whyte, Andrew (21 de febreiro de 2025). "Samost ja Aaspõllu: Kallas has steered successful course in crisis so far". news.err.ee (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  45. Wright, Helen (24 de febreiro de 2022). "Estonia, allies to trigger NATO Article 4". news.err.ee (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  46. Wright, Helen (24 de febreiro de 2022). "Estonian prime minister: Everything we were afraid of has come true". news.err.ee (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  47. Crisp, James (2022-10-08). "Europe’s new ‘Iron Lady’ Kaja Kallas says the West mustn’t negotiate with Putin". The Telegraph (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 29-10-2022. 
  48. De Meyer, Karl (2 de marzo de 2023). "Kaja Kallas, une des voix européennes les plus fortes en soutien de l'Ukraine". lesechos.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  49. Cliffe, Jeremy (11 de maio de 2022). "Europe's new Iron Lady: Estonian prime minister Kaja Kallas". newstatesman.com (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  50. Mc Mahon, Meabh (3 de setembro de 2022). "The EU has a 'moral duty' to make Ukraine a member state: Estonia PM". euronews.com (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2025. 
  51. 51,0 51,1 51,2 Hivert, Anne-Françoise (29 de agosto de 2023). "Estonie : la première ministre, Kaja Kallas, déstabilisée par les liens de son mari avec la Russie". lemonde.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  52. Vitureau, Marielle (6 de marzo de 2023). "En Estonie, la première ministre, Kaja Kallas, remporte une victoire électorale sans appel". lefigaro.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  53. Milne, Richard (6 de marzo de 2023). "Estonia’s prime minister Kaja Kallas wins landslide election victory". irishtimes.com (en francés). Consultado o 10 de abril de 2023. 
  54. Truc, Olivier (6 de marzo de 2023 [actualizado o 7 de marzo de 2023]). "En Estonie, la première ministre libérale, Kaja Kallas, triomphe aux élections législatives". lemonde.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  55. Cho, Kelly Kasulis (7 de marzo de 2023). "Who is Estonia’s Kaja Kallas, and why is her election win key for Ukraine?". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  56. Henley, Jon (6 de marzo de 2023). "Estonia’s Kaja Kallas weighs up coalition options after historic election win". theguardian.com (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  57. Vahtla, Aili (7 de marzo de 2023). "Kaja Kallas: Reform inviting Eesti 200, Social Democrats to coalition talks". news.err.ee (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  58. Redacción (17 de abril de 2023). "Estonie: le nouveau gouvernement de Kaja Kallas entre en fonction". lefigaro.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  59. Redacción/AFP (20 de xuño de 2023). "L’Estonie autorise le mariage pour les couples homosexuels, une première pour un pays balte". huffingtonpost.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  60. C.I., J. (21 de xuño de 2023). "L’Estonie devient le premier pays balte à légaliser le mariage homosexuel". leparisien.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  61. Collet, Emma (25 de agosto de 2023 [actualizado o 9 de febreiro de 2024]). "En Estonie, Kaja Kallas fragilisée par les liens de son époux avec la Russie". lefigaro.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  62. Ngendakumana, Pierre Emmanuel (13 de abril de 2024). "Russia puts Estonian PM Kaja Kallas on wanted list". politico.eu (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  63. Giordano, Elena (22 de xullo de 2024). "Estonia’s parliament backs Kristen Michal as new PM". politico.eu (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  64. AFP (15 de xullo de 2024). "Kaja Kallas démissionne en vue de devenir cheffe de la diplomatie européenne". lorientlejour.com (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  65. Redacción. (29 de xuño de 2024). "El partido gobernante de Estonia propone como nuevo primer ministro al ministro del Climap". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  66. EFE (29 de xuño de 2024). "Estonia designa a su ministro de Clima, Kristen Michal, para sustituir a Kallas tras su salida europea". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  67. Vohra, Anchal (13 de febreiro de 2023). "The Race Is on to Be NATO’S Next Chief". foreignpolicy.com (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  68. Hivert, Anne-Françoise; Jacqué, Philippe (28 de xuño de 2024). "L’Estonienne Kaja Kallas désignée prochaine cheffe de la diplomatie européenne". lemonde.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  69. Didelot, Nelly (27 de xuño de 2024). "Kaja Kallas, une femme venue de l’Est pour diriger la diplomatie de l’UE". liberation.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  70. Malingre, Virginie (27 de novembro de 2024 [actualizado o 28 de novembro de 2024]). "Le Parlement européen valide la Commission von der Leyen II". lemonde.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  71. Jacqué, Philippe (1 de abril de 2025). "Les débuts décevants de Kaja Kallas, une cheffe de la diplomatie européenne critiquée de toutes parts". lemonde.fr (en francés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  72. Președintele României (16 de xulo de 2021). "Decrete de decorare semnate de Președintele României, domnul Klaus Iohannis". presidency.ro (en romanés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  73. "Zelenskyy presents Order of Prince Yaroslav the Wise II degree to Estonian PM". en.interfax.com.ua (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2023. 
  74. Policy Exchange (6 de xuño de 2022). "Grotius Prize presented to Kaja Kallas, Prime Minister of Estonia". policyexchange.org.uk (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  75. "Peaminister Kallas Hayeki auhinna tseremoonial: ehk on nüüd käes aeg, mil kuulatakse ka meid". valitsus.e (en estoniano). 4 de setembro de 2022. Consultado o 10 de abril de 2025. 
  76. Lusa (2023-11-09). "Primeira-ministra da Estónia Kaja Kallas conquista prémio Mulheres da Europa". rtp.pt (en portugués). Consultado o 2024-05-23. 
  77. Society for Hellenism and Philhellenism (9 de outubro de 2023). "Awarding of the International Lord Byron Prize 2023". eefshp.org (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  78. Bir, Burak (20 de marzo de 2024). "Estonian premier receives Walther Rathenau Award in Germany". aa.com.tr (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  79. "Kaua hoitud saladus: Kaja Kallas on kihlatud investeerimispankuriga". elu24.postimees.ee (en estoniano). 10 de xaneiro de 2018. Consultado o 10 de abril de 2025. 
  80. Vedler, Sulev; Salu, Mikk (9 de xaneiro de 2018). "Kaja Kallast ootab ees jaht peaministri kohale, võlgades Reformierakonna päästmine ja abiellumine". ekspress.delfi.ee (en estoniano). Consultado o 10 de abril de 2025. 
  81. 81,0 81,1 Wintour, Patrick (28 de xuño de 2024). "Kaja Kallas: the Russia-defying Estonian PM poised to lead EU foreign policy". theguardian.com (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]