Kai Hansen
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1963 ![]() Hamburgo, Alemaña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, produtor musical, cantante, cantautor ![]() |
Período de actividade | 1978 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Heavy metal ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Selo discográfico | SPV GmbH (pt) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Kai Hansen é un guitarrista e vocalista, amais de compositor de heavy metal, nado en Hamburgo (Alemaña o 17 de xaneiro de 1963).
Formou Helloween en 1984 (grupo de Speed Metal) con Michael Weikath, grupo no que tocou até 1988, cando decide abandonar a banda e formar un novo proxecto en solitario, que se plasmaría na formación, en 1988 do grupo de Power Metal Gamma Ray.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezou tocando a batería á idade de 10 anos, e non foi até os 12 cando tivo a primeira guitarra nas mans. Logo tomou lección de música clásica durante 6 meses e ó cabo de 2 anos montou o seu primeiro grupo cuns compañeiros. Pouco despois coñeceu a Piet Sielk, e decidiron fundar Gentry, tocando música de Slade, de the Sex Pistols, de Uriah Heep así como temas propios.
Ó cabo dun tempo coñeceron a Ingo e a Markus, cos que fundaron Iron Fist (aínda que nun primeiro momento chamáronse Second Hell).
Foi despois, no servizo militar entre 1982 e 1984 cando coñeceu a Michael Weikath, entrando a tocar en Parefool (a banda de Weikath) até que decidiron refundar Iron Fist con Ingo e Markus. Coñeceron a Limp Schnoor, quen tiña algúns contactos en Noise Records e o resultado foi a gravación do seu primeiro Mini-LP Helloween, e o lanzamento posterior do primeiro álbum de Helloween Walls Of Jericho.
Logo de cimentar o éxito de Helloween e de dar forma a un novo subxénero no metal (o que se denominou Power Metal) cos álbums The Keeper Of The Seven Keys, Part I e The Keeper Of The Seven Keys, Part II, decidiu probar en solitario e formar Gamma Ray, grupo que lidera na actualidade (2006).
Ó longo dos anos mantivo múltiples colaboracións con Sielk, sendo notable a súa participación no proxecto de Sielk Iron Savior.
Discografía
[editar | editar a fonte]Helloween
[editar | editar a fonte]- Helloween, (1984) -Mini-LP.
- Walls Of Jericho, (1985).
- The Keeper Of The Seven Keys, Part I, (1987).
- The Keeper Of The Seven Keys, Part II, (1988).
Gamma Ray
[editar | editar a fonte]- Heading for Tomorrow (1990)
- Sigh No More (1991)
- Insanity And Genius (1993)
- Land Of The Free (1995)
- Alive '95 (1996)
- Somewhere Out In Space (1995)
- The Karaoke Album (1997) (só no Xapón).
- Power Plant (1999)
- Blast From The Past (2000)
- No World Order (2001)
- Skeletons In The Closet (2003)
- Majestic (2005)