Kai Besar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kai Besar
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
País Indonesia
ArquipélagoMolucas
Coordenadas5°58′00″S 133°58′59″L / -5.96667, -133.98306Coordenadas: 5°58′00″S 133°58′59″L / -5.96667, -133.98306
Xeografía
Superficie550 km²
Punto máis alto900 m. Gunun Daab

A illa Kai Besar[1] (indonesio: Pulau Kai Besar ou Pulau Kei Besar), tamén coñecida como a Gran Kei, Nuhu Yuuta ou Nusteen, é unha illa que pertence ao arquipélago das illas Kai situado na provincia de Molucas, no leste de Indonesia.

Forma parte das illas Molucas e cobre unha área de 550 km². A segunda illa máis grande do arquipélago das illas Kai é a próxima Kai Kecil (tamén chamada «Pequena Kai»), situada ao oeste. Ao leste de Kai Besar esta o arquipélago das illas Aru. O extremo norte da illa chámase Tanjung Boranga, mentres que o extremo sur é chamado Tanjung Wedu. O punto máis alto alcanza os 900 metros sobre o nivel do mar.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]