Kagayaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kagayaki
TipoDemostrador tecnolóxico
OrganizaciónSorun Corporation
Data de lanzamento23 de xaneiro de 2009, 3:54 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorH-IIA[1][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Tanegashima[1][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[1][6]
NSSDC ID2009-002D
Masa28 kg[1]
Dimensións31 x 31 x 35 cm[1]
Datos orbitais
Semieixo maior7032 km[2]
Inclinación98,4º[2]
Apoapse667,3 km[2]
Periapse655,2 km[2]

Kagayaki, tamén coñecido como SORUNSAT 1, foi un satélite artificial da empresa xaponesa Sorun Corporation lanzado o 23 de xaneiro de 2009 mediante un foguete H-IIA desde o Centro de Lanzamento de Tanegashima.[1][6][5]

Características[editar | editar a fonte]

Kagayaki era un pequeno satélite de 28 kg e un tamaño de 31 x 31 x 35 cm enviado a órbita durante un lanzamento múltiple cun foguete H-IIA. Desenvolvido pola empresa Sorun Corporation, o satélite foi construído por uns 40 estudantes no seu tempo libre e durante as fins de semana, con máis de 20 empresas de Arakawa (Tokio) contribuíndo á súa elaboración. Entre as súas características estaban o sistema de control de a bordo autónomo e un mastro inflable despregable. Entre os obxectivos do satélite estaban a observación de lixo espacial e a observación de correntes eléctricas aurorais. Despois da súa posta en órbita non se recibiron sinais do satélite.[1][6][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (5 de setembro de 2019). "Kagayaki" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "KAGAYAKI" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2020. 
  3. Claude Lafleur (2020). "Kagayaki" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2020. 
  4. "Note verbale dated 7 July 2010 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-58002(E)). 24 de novembro de 2010: 3. Consultado o 2 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Kagayaki (SORUNSAT 1)" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2020). "Kagayaki" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]