Saltar ao contido

Kaş

Kaş
 Nome orixinal
    Kaş (tr)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Kaş (tr)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
 Poboación rural
35.909 (1990)
41.158 (2000)
43.707 (2007)
45.707 (2009)
46.104 (2010)
46.396 (2011)
46.375 (2012)
36.778 (1965)
41.863 (1970)
45.272 (1975)
47.482 (1980)
52.681 (1985) Editar o valor en Wikidata
 Poboación urbana
4.560 (1990)
6.361 (2000)
5.922 (2007)
6.857 (2009)
7.041 (2010)
7.192 (2011)
7.258 (2012)
55.061 (2013)
55.574 (2014)
56.386 (2015)
56.720 (2016)
57.123 (2017)
58.600 (2018)
59.716 (2019)
60.839 (2020)
1.269 (1965)
2.099 (1970)
2.493 (1975)
3.158 (1980)
4.002 (1985) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   2.231 km² Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
OpenStreetMap1727265 Editar o valor en Wikidata
VIAF128035327 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0bj9ql Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons
A cidade de Kaş vista desde o mar.

Kaş (pronunciado en turco [kaʃ]) é unha pequena cidade turca turística para pescar, mergullarse e navegar en iate, así como unha municipalidade e distrito da provincia de Antalya, Turquía.[1] A área do distrito é de 1.750 km2,[2] e a súa poboación é de 62.866 (2022).[3] Está situada a 168 km ao oeste da cidade de Antalya. Como localidade turística considérase relativamente pouco transformada.

Aínda que a península de Teke estivo ocupada desde a Idade da Pedra, parece que Kaş foi fundada polos licios e o seu nome en lingua licia era Habesos ou Habesa. Foi un dos membros da Liga Licia, e a súa importancia durante ese perídodo confírmase pola presenza dunha das necrópoles licias máis ricas.[Cómpre referencia]

No período helenístico e baixo o Imperio Romano serviu como porto de Felo (Phellus) chamado Antifelo (Antiphellus, en grego Αντίφελλος), o nome polo cal se coñecía naquel momento.[Cómpre referencia]

Mapa histórico de Kaş feito por Piri Reis.
Unha rúa de Kaş con casas tradicionais e unha tumba licia ao fondo.
Restos colocados artificialmente dun Douglas DC-3, un dos 50 lugares para mergullarse na veciñanza de Kaş.

A cidade sufriu incursións árabes,[Cómpre referencia] e despois foi anexionada (co nome de Andifli) ao sultanato de Rum de Anatolia, liderado polos turcos selxúcidas. Despois da caída dos selxúcidas, pasou ao poder dos turcos otománs.[Cómpre referencia]

En 1923, debido á expulsión forzosa da poboación de orixe grega acordada no intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía despois da Guerra greco-turca (1919–1922), esta deixou a área para ir a Grecia.[4]

A inicios da década de 1990 empezou un boom turistico en Kaş, que recibiu visitantes principalmente do Reino Unido e Alemaña. Este crecemento do turismo trouxo unha explosión de construcións de pisos (a miúdo sen licenza), que está ameazando gravemente a paisaxe e medio ambiente, afectando principalmente a península de Çukurbağ, no oeste da cidade, que agora conta con luxosos hoteis.[Cómpre referencia]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Era o décimo distrito máis poboado de Antalya en 2022,[3] situado nun monte á beira da costa Turquesa do sur de Turquía. O distrito ten un típico clima mediterráneo con veráns quentes e secos e invernos suaves e húmidos,[5] que permite cultivar laranxas, limóns e bananas. As áreas baixas foron tamén plantadas con flores e diversas árbores froiteiras e hortalizas. Moitas cultívanse durante todo o ano en invernadoiros.[Cómpre referencia] As ladeiras producen mel e améndoas, mentres que a maiores altitudes hai grandes bosques de piñeiros. O tempo é máis seco a elevadas altitudes. Aínda que a agricultura é aínda importante, hoxe o turismo é a principal fonte de ingresos do distrito, que ten moitos hoteis e casas de hóspedes.

Aproximadamente a 6 km da costa de Kaş está o illote grego de Kastelórizo (en turco Meis Adası) [6][7][8] ao que se pode chegar por medio dun ferry turco diario coa opción de volver o mesmo día.

Composición do distrito

[editar | editar a fonte]

No distrito de Kaş hai 54 poboacións (mahalle):[9]

A industria turística está centrada na agradable cidade de Kaş, pero hai moitas outras cidades e vilas no distrito que teñen moitos aloxamentos para os visitantes como en Kalkan e Gelemiş. Pode chegarse ao distrito desde os aeroportos de Antalya e Dalaman, xa que non hai aeroporto en Kaş.

Kaş é unha cidade con mar azul turquesa e rúas estreitas con flores de xasmín. En Kaş celébrase un festival artístico anual, concertos de jazz no teatro helenístico e a agrupación de artistas Kiln Under the Sea celebrou exposicións baixo o mar de cerámica.

Kaş é un dos mellores lugares de Turquía para o mergullo, tanto para mergulladores novatos coma experimentados.[10] Hai máis de 15 centros para mergullo e escolas de mergulladores, a maioría situadas no porto local. Ofrecen excursións de mergullo guiadas a 50 lugares de mergullo da zona. Nas costas de Kaş abundan os peixes e polbos e hai tartarugas.[Cómpre referencia]

Ademais da diversidade biolóxica, Kaş ofrece a presenza de diversos restos históricos no fondo do mar. Ademais de varios lugares de naufraxios, hai seis sitios de naufraxios artificiais que se poden visitar, que están creando co tempo arrecifes artificiais e puntos de mergullo turísticos. Hai dous sitios importantes de naufraxios da segunda guerra mundial e da década de 1950 de avións e barcos. Outro importante punto de mergullo é o "Sitio do Arqueoparque de Kaş", un proxecto arqueolóxico experimental dirixido pola Sociedade de Investigacións Subacuáticas (Sualtı Araştırmaları Derneği-SAD) en 2006.[11] Neste proxecto científico situouse baixo a auga unha reconstrución do naufraxio do Uluburun e do seu cargamento (un barco de finais da Idade do Bronce).[12][13]

As actividades deportivas ao aire libre atraen tamén moitos visitantes[Cómpre referencia], con actividades como:

  • Kayakismo no mar en Kekova
  • Bicicleta de montaña na comarca
  • Sendeirismo na Vía Licia
  • Descenso de canóns no Canón de Kibris.

Os venres Kaş adoita recbir visitantes gregos da illa de Kastelórizo que acoden aos seus mercados, como o mercado central, cheo de produtos locais e das vilas dos arredores.[Cómpre referencia]

Demografía

[editar | editar a fonte]

O distrito ten unha poboación de 62.866 (en 2022).[3] A cidade ten 9.084 habitantes.[14] Outras poboacións grandes son Kınık e Ova.

Antiga tumba licia en Kaş.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Anoitecer en Kaş.
  • A cidade de Kaş ten un teatro helenístico e moitos outros lugares de interese histórico, así como praias e covas, algunhas delas baixo a auga.[Cómpre referencia]
  • Hai unha escultura dun tiburón situada no fondo do mar que se pode visitar mergullándose, así como un naufraxio artificial dun avión Douglas DC-3.[15]
  • Praias famosas son: Kaputaş Plajı, a pequena Seyrekcakil Plaji ou Belediyesi Halk Plajı[16]
  • As ruínas das antigas cidades de Komba (na vila de Gömbe), Nisa, Kandyba, Felos, Istlada, Apolonia, Isinda e Kyaenai.
  • Unha excursión habitual que se fai desde Kaş é á illa de Kekova no distrito veciño de Demre. Na súa baía hai varios naufraxios de barcos antigos e cidades antigas que quedaron mergulladas debido aos terremotos que se sucederon durante séculos. En decembro de 2006, Kaş foi engadida á área mariña de especial protección de Kekova para preservar a súa rica biodiversidade.[17]

Panorámica desde Kaş, coa enseada e as illas da costa. Á esquerda pode verse a illa de Kastelórizo (en turco Meis Adasi).

Panorámica desde Kaş, coa enseada e as illas da costa. Á esquerda pode verse a illa de Kastelórizo (en turco Meis Adasi).
Porto deportivo de Kaş de noite.
  1. Büyükşehir İlçe Belediyesi Arquivado 6 July 2015 en Wayback Machine., Turkey Civil Administration Departments Inventory. Consultado o 8 de xuño de 2023.
  2. "İl ve İlçe Yüz ölçümleri". General Directorate of Mapping. Consultado o 22 de maio de 2023.
  3. 1 2 3 "Address-based population registration system (ADNKS) results dated 31 December 2022, Favorite Reports" (XLS) (en inglés). TÜİK. Consultado o 22 de maio de 2023.
  4. Darke, Diana (1986). Guide to Aegean and Mediterranean Turkey. M. Haag. p. 160. ISBN 9780902743342.
  5. "World Meteorological Organization Climate Normals for 1991-2020 — Kaş". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 16 de xaneiro de 2024.
  6. "Meis Adası" (en turco). Kaş Rehberi. Consultado o 25 de novembo de 2021.
  7. "Nisos Megisti". gr.geoview.info. Consultado o 26 de novembro de 2021.[Ligazón morta]
  8. Bertarelli, p. 131
  9. Mahalle Arquivado 6 de xullo de 2015 en Wayback Machine., Turkey Civil Administration Departments Inventory. Consultado o 22 de maio de 2023.
  10. "10 Unique Experiences in Turkey – Tripoetic Blog". Tripoetic Blog (en inglés). 5 de abril de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2017.[Ligazón morta]
  11. Underwater Research Society. "Official web page".
  12. Pulak, Cemal (1998). "The Uluburun Shipwreck: An Overview". The International Journal of Nautical Archaeology 27 (3): 188–224. doi:10.1111/j.1095-9270.1998.tb00803.x.
  13. Pulak, Cemal (2005). "Discovering a Royal Ship from the Age of King Tut: Uluburun, Turkey". En Bass, George F. Beneath the Seven Seas. Nova York: Thames & Hudson. pp. 34–47.
  14. "Kaş". citypopulation.de. Consultado o 16 de xuño de 2023.
  15. "Freedivers hold their breath to plunge 70ft below the waves to explore WW2 plane". 15 de decembro de 2014.
  16. Gac, Evelyn (2022-09-02). "Kaş: TOP Gem of Turkey to Visit". Where Is Evelyn (en inglés). Consultado o 2022-09-05.
  17. "More marine protection for Turkey's Lycian coast". World Wildlife Fund. Consultado o 30 de decembro de 2006.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliorafía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]