O KS Flamurtari Vlorë é un club de fútbolalbanés da cidade de Vlorë. Na actualidade xoga na Kategoria Superiore, a Primeira División de Albania. Xoga coma local no Estadio Flamurtari e as cores do seu equipamento son o vermello e o negro. Mantén unha rivalidade histórica co KF Skënderbeu Korçë e co KF Tirana.
O Club fundouse en 1925, sendo un dos máis antigos do fútbol albanés. É o club albanés máis coñecido internacionalmente trala súa participación na edición da Copa da UEFA1987/88, na que chegou a oitavos de final tras gañar a equipos coma o Partizan Belgrado ou o FC Barcelona, porén sería eliminado polo equipo catalán. Esta sería a mellor participación dun equipo albanés en competición europea.
Foi un dos equipo fundadores da Primeira división albanesa no ano 1930. O seu primeiro título foi a Copa de 1985, o que lle permitiu participar por primeira vez en competición europea, na Recopa de Europa da tempada 1985/86.