Kükenthaløya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kükenthaløya
Illa de Kükenthal
En vermello, a illa de Barents (Barentsøya). Entre esta illa e a de Spitsbergen está localizada a de Kükenthal (Kükenthaløya)
Situación
PaísNoruega Noruega
TerritorioTerritorio do Reino de Noruega
ArquipélagoSvalbard
Xeografía
Largura máxima3,3 km
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A illa de Kükenthal (en noruegués Kükenthaløya) é unha pequena illa (mide 3,3 km longo por 2,2 km de largo), deshabitada,[1] do arquipélago noruegués das illas Svalbard, no mar de Barents.[2][3]

O Heleysundet visto desde o leste

Administrativamente pertence a Svalbard, un territorio dependente de Noruega.

Kükenthaløya está en medio do Heleysundet, o estreito que separa a illa de Barents (Barentsøya) da illa de Spitsbergen.

Descubrimento[editar | editar a fonte]

A illa foi descuberta polo zoólogo alemán Willy Kükenthal (1861–1922), nunha expedición iniciada en 1886 e que finalizou en 1889,[4][3] ao que a illa debe o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Só tres das illas Svalbard (Spitsbergen, Bjørnøya e Hopen) teñen asentamentos humanos. Svalbard: General Arquivado 05 de decembro de 2006 en Wayback Machine., Instituto Polar Noruego. Última actualización 27 de maio de 2004. (URL accedido o 9 de setemgro de 2020).
  2. "Kükenthaløya (Svalbard)". Instituto Polar Noruegués. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Arctic Pilot: Sailing directions Svalbard–Jan Mayen 7. Stavanger: The Norwegian Hydrographic Service and The Norwegian Polar Institute. 1988. p. 360. ISBN 82-90653-06-9. 
  4. Uwe Hoßfeld, Uwe (2004). "The Travels of Jena Zoologists in the Indo-Malayan Region" (PDF). Proceedings of the California Academy of Sciences 55: 77–105. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 09 de setembro de 2020.