Ján Kollár
Ján Kollár | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xullo de 1793 Mošovce, Reino de Hungría |
Morte | 24 de xaneiro de 1852, 59 anos Viena, Austria, Imperio Austríaco |
Lugar de sepultura | Cemitérios Olšany (pt) |
Catedrático | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Austríaco |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Universidade de Jena |
Actividade | |
Campo de traballo | Filoloxía eslava, literatura, teoloxía, filoloxía e historiografía |
Lugar de traballo | Praga Viena Jena |
Ocupación | escritor , folclorista , político , mestre , predicador , folk song collector (en) , historiador , arqueólogo , pedagogo , lingüista , profesor universitario , poeta , filósofo , slavist (en) |
Empregador | Universidade de Viena |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, Arqueoloxía, Ciencia |
Pseudónimo literario | Čechobratr Protištúrsky Čechobratr Protištúrský |
Lingua | Lingua checa, lingua alemá e lingua eslovaca |
Ján Kollár nado en Mošovce o 29 de xullo de 1793 e finado en Viena o 24 de xaneiro de 1852, foi un escritor e poeta eslovaco do Romanticismo, arqueólogo, científico e político. Foi un dos primeiros ideólogos do paneslavismo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou nun colexio luterano de Bratislava[1], onde foi ordenado sacerdote, sendo destinado a exercer o seu servizo a Budapest. Desde 1849 foi profesor na Universidade de Viena. Exerceu como Conselleiro de Goberno do Imperio Austríaco nos asuntos relacionados con Eslovaquia.
Kollar distinguiuse por impulsar o movemento nacionalista eslovaco e a idea do Paneslavismo. Considerou que nas linguas eslavas podían distinguirse catro grandes grupos: a ruso, a polaco, a checo-eslovaco e serbocroata.
No 1974 adicóuselle un museo no celeiro da súa casa natal de Mošovce, xa que o resto da casa sufrira un incendio o 16 de agosto de 1863. No 2009 construíuse unha réplica da casa orixinal na que está agora o museo.[2]
Obra[editar | editar a fonte]
Ademais da súa poesía, escribiu obras de interese científico e de arqueoloxía. As máis destacadas son:
- Slávy dcera (A filla de Sláva). Nesta obra expresa os seus sentimentos por unha muller que, ao cabo, é unha personificación da patria.
- O literární vzájemnosti mezi kmeny a nářečími slavskĭmi (Sobre a reciprocidade literaria entre a tribos eslavas e as vernáculas).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Petro, Peter (1995). A History of Slovak Literature (1 ed.). Mcgill Queens's University Press. p. 66.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ján Kollár |