Jutta Ditfurth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJutta Ditfurth

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Jutta Gerta Armgard von Ditfurth Editar o valor em Wikidata
29 de setembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Würzburg, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora , política , socióloga Editar o valor em Wikidata
Partido políticoThe Greens (en) Traducir
Ecological Left (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDitfurth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiHoimar von Ditfurth (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsChristian von Ditfurth (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webjutta-ditfurth.de Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2187006 Facebook: 116314875164806 Twitter: jutta_ditfurth iTunes: 401089523 Editar o valor em Wikidata
Jutta Ditfurth durante unha entrevista, 1987

Jutta Ditfurth nada como Jutta Gerta Armgard von Ditfurth, en Würzburg o 29 de setembro de 1951, é unha socióloga, escritora, e política alemá

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dos Ditfurth, unha familia da nobreza que ostentou o status ministerialis e estaban investidos con títulos administrativos hereditarios en varias rexións das actuais Saxonia-Anhalt e Baixa Saxonia e noutros lugares no Sacro Imperio Romano Xermánico. Filla do médico Hoimar von Ditfurth e da fotógrafa Heilwig von Raven, e irmá do historiador Christian von Ditfurth. En 1960 a súa familia mudouse a Hohensachsen, en 1966 entrou na Elisabeth-von-Thadden-Schule de Wieblingen. En 1978 intentou mudar legalmente o seu apelido para eliminar a partícula nobiliaria "von" algo que as autoridades rexeitaron.

Ditfurth estudou historia da arte, socioloxía, ciencias políticas, historia económica e filosofía en Alemaña, Escocia, e mais os Estados Unidos nas universidades de Heidelberg, Hamburgo, Friburgo, Glasgow, Detroit, e Bielefeld, graduándose como socióloga en 1977, e logo traballou algúns meses como socióloga nas universidades de Friburgo, Bielefeld e Marburg. A finais de 1977 estableceuse en Frankfurt e traballou como xornalista e escritora, dende 1980 é profesora.

Ditfurth actuou politicamente dentro da denominada nova esquerda, desde o inicio da década de 1970, formando parte de grupos internacionalistas e feministas, así como participando nos daquela nacentes movementos ecoloxistas e antinucleares. En xaneiro de 1980 foi unha das fundadoras do partido Os Verdes. Abandonou o comité executivo do partido en decembro de 1988 e pasou a ter unha postura moi crítica coa nova traxectoria do partido, que describiu como contrarrevolucionario, xerárquico e nepotista.[1][2][3] Deixou a formación en 1991 acusándoa de permitir a entrada de "ideas ecofascistas e de extrema dereita".[4]

Foi candidata do partido da esquerda grega, de procedencia comunista, Corrente da Nova Esquerda, nunha lista internacional nas eleccións europeas de 1999, centrando a súa campaña na participación do exército alemán e mais da OTAN na Guerra de Kosovo, pero non logrou votos suficientes para obter un asento no Parlamento Europeo. En 2000 foi unha das fundadoras do partido, Esquerda Ecolóxica, co que foi concelleira de Frankfurt entre 2001 e 2008 e de novo dende o ano 2011. En 2007 publicou unha biografía do membro da Fracción do Exército Vermello, Ulrike Meinhof.

Jutta Ditfurth considera que existen posturas antisemitas dentro dalgunhas iniciativas sociais e políticas de esquerda como o movemento BDS (Boicot, Desinvestimentos e Sancións).[5] En 2017, no contexto do proceso independentista catalán, foi convidada a participar na conferencia "Soberanía Popular e Autodeterminación. Cambio político na rexión Euro-Mediterránea" organizada pola CUP.[6] Con todo, a súa participación foi cancelada, segundo explicou Jutta Ditfurth nun comunicado, pola súa posición contraria ao movemento BDS e por "defender o dereito á existencia do estado de Israel."[7]

En 2019, concorreu ás eleccións ao Parlamento Europeo por Esquerda Ecolóxica, mais ficou lonxe de ser escollida deputada: sumou 35 796 votos, o 0,1% dos emitidos.[8]

Para Jutta Ditfurth, o capitalismo é a causa profunda dos problemas ambientais da actualidade, e aínda que celebra a nova vaga de activismo ecoloxista de, por exemplo, Fridays for Future, amósase moi crítica con Extinction Rebellion que chegou a cualificar de "seita apocalíptica".[9][10]

En 2022, logo da invasión rusa de Ucraína, renovou as críticas aos Verdes e a OTAN considerando que Alemaña está empregando a guerra como desculpa para rearmarse.[11] Ademais, atacou á ministra de exteriores e líder dos Verdes, Annalena Baerbock, afirmando que é unha representante da "liña dura" da OTAN por amosarse partidaria de enviar armas a Ucraína.[12] Jutta Ditfurth afirmara no seu libro Krieg, Atom, Armaut de 2011 que a intervención da OTAN en Kosovo xa supuxera un paso nunha estratexia de marxinar a Rusia a nivel internacional, mais isto non impide que considere a Vladimir Putin como un político "imperialista" e "reaccionario".[13][11]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Die tägliche legale Verseuchung unserer Flüsse und wie wir uns dagegen wehren können. Ein Handbuch mit Aktionsteil. Rasch und Röhring, Hamburg/Zürich 1987, ISBN 3-89136-163-7. ( con Rose Glaser)
  • Träumen, Kämpfen, Verwirklichen. Politische Texte bis 1987. Kiepenheuer & Witsch, Köln 1988, ISBN 3-462-01903-1.
  • Lebe wild und gefährlich. Radikalökologische Perspektiven. Kiepenheuer & Witsch, Köln 1991
  • Feuer in die Herzen. Plädoyer für eine ökologische linke Opposition. (1992) Erweiterte und aktualisierte Neuausgabe: Feuer in die Herzen. Gegen die Entwertung des Menschen. Konkret-Literatur-Verlag, Hamburg 1997, ISBN 3-89458-159-X.
  • Was ich denke. Goldmann, München 1995, ISBN 3-442-12606-1.
  • Blavatzkys Kinder. Lübbe, Bergisch Gladbach 1995, ISBN 3-404-12380-8
  • Entspannt in die Barbarei. Esoterik, (Öko-)Faschismus und Biozentrismus. Konkret-Literatur-Verlag, Hamburg 1996, ISBN 3-89458-148-4.
  • Die Himmelsstürmerin. (1998) Überarbeitete Neuausgabe, Rotbuch, Berlin 2010, ISBN 978-3-86789-110-3. (novela)
  • Das waren die Grünen. Abschied von einer Hoffnung. Econ, München 2000, ISBN 3-548-75027-3.
  • Durch unsichtbare Mauern. Wie wird so eine links? Kiepenheuer & Witsch, Köln 2002, ISBN 3-462-03083-3. (autobiografía)
  • Ulrike Meinhof. Die Biografie. Ullstein, Berlin 2007, ISBN 978-3-550-08728-8.
  • Rudi und Ulrike. Geschichte einer Freundschaft. Droemer Knaur, München 2008, ISBN 978-3-426-27456-9.
  • Zeit des Zorns: Streitschrift für eine gerechte Gesellschaft. Droemer Knaur, München 2009, ISBN 978-3-426-27504-7.
  • Krieg, Atom, Armut. Was sie reden, was sie tun: Die Grünen. Rotbuch, Berlin 2011, ISBN 978-3-86789-125-7.
  • Worum es geht – Flugschrift. Rotbuch, Berlin 2012, ISBN 978-3-86789-154-7.
  • Zeit des Zorns. Warum wir uns vom Kapitalismus befreien müssen. Westend, Frankfurt am Main 2012, ISBN 978-3-86489-027-7.
  • Der Baron, die Juden und die Nazis. Reise in eine Familiengeschichte. Hoffmann & Campe, Hamburg 2013, ISBN 978-3-455-50273-2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "European Reports: Radical Ecology after the German Greens". Institute for Social Ecology: Left Green Perspectives #25. 1 de xaneiro de 1992. Consultado o 20 de xaneiro de 2013. 
  2. Jutta Ditfurth. "Zahltag, Junker Joschka! (Payday, Junker Joschka!)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2013-01-20. 
  3. "Jutta Ditfurth and extraparliamentary movements of the seventies". Communimedia+. Consultado o 20 de xaneiro de 2013. 
  4. Graw, Ansgar (2019-05-25). "Jutta Ditfurth: Für ihre frühere Partei hat die Ex-Grüne kein gutes Wort übrig". DIE WELT (en alemán). Consultado o 2022-10-30. 
  5. Schindler, Frederik (2019-05-17). "Jutta Ditfurth über Antisemitismus: Vermintes Terrain". Die Tageszeitung: taz (en alemán). ISSN 0931-9085. Consultado o 2022-10-30. 
  6. "La CUP organitza una conferència internacional a favor del referèndum". cup.cat. Consultado o 2022-10-30. 
  7. "Jutta Ditfurth*: I was thrown out as a speaker of the International Conference of the Catalan National Movement Candidatura d'Unitat Popular (CUP) because I defend Israel’s right to exist and will go on to criticize the antisemitic BDS. The conference takes place 20 May 2017 in Barcelona.". www.jutta-ditfurth.de. Consultado o 2022-10-30. 
  8. "Ergebnisse Deutschland - Der Bundeswahlleiter". www.bundeswahlleiter.de. Consultado o 2022-10-30. 
  9. Waidner, Jannik. "Extinction Rebellion: „Irrationalismus einer Endzeit-Sekte“". FAZ.NET (en alemán). ISSN 0174-4909. Consultado o 2022-10-30. 
  10. "Jutta Ditfurth: „Extinction Rebellion ist eine Weltuntergangssekte“". www.fr.de (en alemán). Consultado o 2022-10-30. 
  11. 11,0 11,1 "Jutta Ditfurth: Ukraine-Krieg als „willkommene Ausrede für Aufrüstung der Bundeswehr“". www.fr.de (en alemán). Consultado o 2022-10-30. 
  12. "Jutta Ditfurth: Ex-Grünen-Vorsitzende giftet gegen Baerbock". focus.de. 
  13. "Veinte años de la agresión de la OTAN a Yugoslavia". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2022-10-30.