Juste-Aurèle Meissonnier
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de marzo de 1695 Turín, Italia |
| Morte | 31 de xullo de 1750 París, Francia |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | París |
| Ocupación | arquitecto, decorador, orfebre, pintor, escultor, artista visual |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) Encyclopædia Britannica |
Juste-Aurèle Meissonier, nado en 1695 e finado en 1750, foi un ourive, escultor, pintor, arquitecto e deseñador de mobles francés.
Meissonier foi quen realizou a primeira e fundamental contribución á linguaxe artística coñecida como rococó xa que foi el quen propagou o estilo polos seus deseños e obras, caracterizados pola asimetría e o dinamismo das formas, baseadas na ondulación das curvas e contracurvas en tódalas direccións espaciais, a fluidez, a imaxinación e libre inventiva da súa linguaxe coa introdución da forma rochosa mariña e outros elementos mariños.[Cómpre referencia]
Da súa obra só se conservan tres pezas, unha caixiña de ouro e lapislázuli, un candelabro de prata e dúas sopeiras.
